FSIE 40 años

Cartel A3 Dia Mundial S.DownA Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza súmase un ano máis á celebración do Día Mundial da Síndrome de Down coa súa campaña "Persoas ÚNICAS con capacidades ÚNICAS", co obxectivo de concienciar sobre a importancia de recoñecer e integrar as diversas capacidades deste colectivo na sociedade.

Como lembra as Naciones Unidas, organismo impulsor desta iniciativa, a síndrome de Down é unha combinación cromosómica natural que sempre formou parte da condición humana, existente en todas as partes de mundo, e que tén efectos variables nos estilos de aprendizaxe, as características físicas ou a saúde das persoas.

FSIE, como organización sindical firmemente comprometida co sector de atención ás persoas con discapacidade, quere contribuír con este lema á construción dunha conciencia social positiva que recoñeza a diversidade e enorme valía das capacidades das persoas con síndrome de down.

Desde FSIE queremos aproveitar este día para lembrar aos axentes políticos e sociais e as administracións públicas a importancia de adoptar medidas inmediatas, efectivas e pertinentes para garantir que as persoas con discapacidade gozar, con igualdade de oportunidades, dunha vida plena e digna, en condicións que fomenten a súa autonomía, integración real e participación activa na sociedade.

Pola súa banda, FSIE quere reafirmar o seu compromiso de seguir traballando, desde o noso ámbito de actuación, para favorecer a creación dunha sociedade máis inclusiva, sustentable e igualitaria na que as persoas con discapacidade poidan gozar das mesmas liberdades e dereitos alcanzando unha inclusión plena a nivel social, laboral, de lecer, e familiar.



Documentos relacionados

 Banner Decalogo2

Temos 181 anónimos e ningún membro en liña