FSIE 40 años

Cartel A3 Diüa Mundial autismo

A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza súmase un ano máis á celebración do Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo. Con esta iniciativa promovida polas Naciones Unidas preténdese concienciar á sociedade sobre as problemáticas que afrontan as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).

Coa campaña "Derrubemos xuntos as barreiras", FSIE quere dirixir unha mensaxe clara e contundente facendo un chamamento ao compromiso individual e colectivo na construción dunha sociedade accesible e sustentable na que as persoas con autismo poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da mesma.

Para iso consideramos fundamental que tanto as administracións públicas como os axentes sociais e políticos coloquen as necesidades das persoas con TEA entre as súas principais prioridades como xa fixese a comunidade internacional ao elaborar a Agenda 2030 para o Desarrollo sostenible.

FSIE, pola súa banda, súmase ás Naciones Unidas na súa petición de mellorar o acceso ás tecnoloxías de apoio, como instrumento indispensable para reducir e eliminar barreiras. Actualmente o seu alto custo, e por tanto falta de dispoñibilidade, a pouca concienciación sobre o seu potencial e aínda máis escasa formación sobre o seu uso dificultan enormemente a plena participación das persoas con TEA nas súas comunidades tanto no terreo económico e político como no social. Desde o seu ámbito de actuación, FSIE reafirma o seu compromiso de seguir traballando pola igualdade, a equidade e a inclusión total deste colectivo na nosa sociedade.


Documentos relacionados

 Banner Decalogo2

Temos 344 anónimos e ningún membro en liña