FSIE 40 años

Permiso Paternidad

Finalmente, a Diputación Permanente del Congreso dos Diputados convalidou o "Real Decreto-ley 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urgentes para garantía de la igualdad de trato y de oportunidades entre mujeres y hombres en el empleo y la ocupación" polo que todas as súas medidas xa son definitivas.

Entre as medidas aprobadas atópase o novo permiso por nacemento e coidado do menor para ambos os proxenitores que equipara de forma progresiva a súa extensión ata as 16 semanas e faise efectivo desde o día 1 de abril tras a súa validación definitiva no Congreso.

 

  •  1.Condicións

    Equipárase a duración da suspensión do contrato de ambos os proxenitores, a partir do 1 de xaneiro de 2021, a 16 semanas.

    En ambos os casos, as 6 semanas inmediatamente posteriores ao parto, resolución xudicial ou decisión administrativa (en adopción ou acollemento), son de goce obrigatorio, ininterrompido e a tempo completo.

    O resto do descanso poderá gozarse, a tempo completo ou parcial, entre a finalización das semanas obrigatorias e o cumprimento dos 12 meses de idade do fillo pero, en todo caso, haberá de gozarse por períodos semanais, de forma acumulada ou interrompida, comunicándose á empresa, cunha antelación mínima de 15 días.

    É un dereito individual de cada proxenitor, polo que non é posible transferir o seu goce ao outro proxenitor.

    Se se optase por un goce interrompido, o abono da prestación de cada período producirase cando se esgote o goce total dos mesmos, sempre que a entidade xestora non realice os desenvolvementos informáticos necesarios (LGSS Disp.Trans.32ª).

    Pódese seguir adiantando o goce dun máximo de 4 semanas anteriores ao parto ou á resolución xudicial en caso de adopción internacional.

    A duración do permiso tamén continua ampliándose nos casos de parto prematuro con falta de peso ou cando o neonato necesite hospitalización tras o parto por máis de 7 días (amplíase en tantos días como dure a hospitalización do neonato, cun máximo de 13 semanas), discapacidade do menor (1 semana máis a cada proxenitor) e nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento múltiple (1 semana máis para cada proxenitor).

    A total equiparación na duración do permiso para ambos os proxenitores, leva a eliminación do permiso retribuido por nacemento, previsto para o traballador no Estatuto dos Traballadores (37.3.b).

    2.Período transitorio

    a. Os NACEMENTOS producidos a partir do 1 de abril de 2019, darán dereito a que o proxenitor distinto da nai biolóxica goce dun permiso de 8 semanas, das que as 2 primeiras deben gozarse de forma ininterrompida e inmediatamente tras o parto. A nai poderá continuar cedendo ata un máximo de 4 semanas.

    b. Os NACEMENTOS producidos a partir do 1 de xaneiro de 2020, darán dereito a que o proxenitor distinto da nai biolóxica goce dun permiso de 12 semanas, das que as 4 primeiras deben gozarse de forma ininterrompida e inmediatamente tras o parto. A nai poderá continuar cedendo ata un máximo de 2 semanas.

    c. A ADOPCIÓN, garda ou acollemento, a partir do 1 de abril de 2019, concede a cada proxenitor unha suspensión de 6 semanas, de goce obrigatorio e a tempo completo despois da resolución xudicial ou administrativa. Ademais, disporán en común de 12 semanas de goce voluntario, das que cada proxenitor pode gozar individualmente un máximo de 10 semanas.

    d. A ADOPCIÓN, garda ou acollemento, a partir do 1 de xaneiro de 2020, permitirá que cada proxenitor siga gozando dun período de suspensión de 6 semanas, de goce obrigatorio e a tempo completo tras a resolución xudicial ou administrativa, pero disporán en común dun total de 16 semanas de goce voluntario, das que cada proxenitor poderá utilizar individualmente un máximo de 10 semanas.

    Ata a total equiparación dos períodos de suspensión de ambos os proxenitores en 2021, seguirán aplicándose as normas vixentes relativas ao goce do permiso polo outro proxenitor (por cesión ou falecemento) ou ao goce compartido do permiso, cos límites establecidos para cada ano do período transitorio. 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 77 anónimos e ningún membro en liña