FSIE 40 años

Dia del docenteFSIE quere felicitar a todos os traballadores con motivo do Día do Traballo e especialmente a quen desenvolve a súa actividade no sector da ensinanza concertada, privada e a atención a persoas con discapacidade.

O día de mañá, máis aló de ser unha xornada festiva, debe ser tamén un momento para reflexionar sobre a situación na que nos atopamos os profesionais do noso sector.

Temos por diante importantes retos para que o noso traballo sexa recoñecido e valorado na súa xusta medida tanto polas organizacións empresariais como polas administracións públicas. Realizamos unha importante contribución á mellora e desenvolvemento da nosa sociedade e é evidente que non recibimos a cambio todo o que merecemos.
Escaso financiamento, salarios que non recuperan o poder adquisitivo perdido, amplas xornadas laborais, enormes dificultades para poder acceder á xubilación anticipada e infradotación de recursos humanos e materiais son, entre outras cuestións que fan que o noso exercicio profesional se desenvolva en condicións desfavorables.

A educación e os servizos de atención á discapacidade seguen sendo obxecto de actuacións e decisións políticas que non compartimos. Desde a nosa independencia traballamos na consecución de melloras para todos os profesionais sexa cal for a cor do goberno de quenda ou as organizacións empresariais específicas de cada ámbito no que negociamos.

FSIE é unha opción sindical, distinta á dos tradicionais e anquilosados sindicatos de clase. É unha alternativa profesional, coherente, independente, transparente, eficaz que utiliza como ferramenta fundamental para conseguir os seus obxectivos o diálogo e a firmeza.

FSIE coñece as nosas necesidades porque está formada exclusivamente por e para os profesionais do sector e por iso os traballadores depositan de forma maioritaria a súa confianza en nós. Unha confianza que estamos a acrecentar no actual proceso de eleccións sindicais e que seguirá colocando a FSIE como primeira forza sindical no sector.

FELIZ Día do Traballo a todas e a todos! Contamos co voso apoio para seguir defendendo os nosos intereses e ir alcanzando as metas que nos propoñemos.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 334 anónimos e ningún membro en liña