FSIE 40 años

Discapacidad centroO pasado 22 de Febreiro o Consello de Ministros declaraba o 3 de maio como o Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de 2006. A data elixida corresponde ao día exacto, do ano 2008, no que entrou finalmente en vigor o acordo alcanzado na devandita convención tras a ratificación dos estados membros da ONU, entre eles España, pasando dita regulación a formar parte do noso ordenamento xurídico.

A devandiita Convención, aprobada tras un longo proceso o 13 de decembro de 2006, nace co obxectivo primordial de promover, protexer e asegurar que as persoas con discapacidade gozar plenamente e en condicións de igualdade de todos os seus dereitos humanos e liberdades.
As directrices establecidas neste instrumento xurídico convertéronse no marco referencial e prescriptor ineludible, nos países asinantes, de todas as políticas públicas e lexislacións que leven a cabo en relación ás persoas con discapacidade. Nos seus artigos abárcanse todos os aspectos persoais, sociais e xurídicos que afectan a este colectivo tomando como referencia para a súa interpretación conceptos tan fundamentais como o respecto da dignidade inherente e a autonomía das persoas con discapacidade, a non discriminación, a participación, a inclusión, a igualdade e a accesibilidade.

Desde FSIE queremos, non só celebrar este día conmemorativo, senón reclamar ás administracións púbicas e axentes políticos que cumpran coa súa obrigación de aplicar as recomendacións da Convención á hora de adoptar medidas efectivas e pertinentes para garantir que as persoas con discapacidade gozen, con igualdade de oportunidades, dunha vida plena e digna, en condicións que fomenten a súa autonomía, integración real e participación activa na sociedade.

En materia de Educación o texto indica claramente que os estados deben garantir o acceso en condicións de igualdade a un proceso de aprendizaxe, en todos os niveis, facilitando o acceso a modos de comunicación alternativos, realizando axustes razoables e capacitando aos profesionais na educación de persoas con discapacidade.

FSIE defende que para garantir o dereito a unha educación de calidade é imprescindible asegurar a continuidade dos Centros de Educación Especial nos que profesionais cualificados adaptan os recursos e as metodoloxías ás necesidades do alumnado. Así mesmo, lembramos ás administracións que é necesario incrementar o investimento e a dotación de recursos humanos e materiais tanto nestes centros como nos ordinarios.

Ademais, no texto da Convención faise referencia á obrigación dos Estados Partes de "promover o exercicio do dereito ao traballo e adoptar medidas pertinentes" para garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade tanto no sector público como no privado, velando polas súas condicións salariais e laborais.

Por tanto, FSIE quere reafirmar o seu compromiso de seguir traballando, desde o noso ámbito de actuación, para lograr o cumprimento deste corpo normativo co obxectivo de crear unha sociedade máis inclusiva, sustentable e igualitaria na que as persoas con discapacidade poidan gozar das mesmas liberdades e dereitos alcanzando unha inclusión plena a nivel social, laboral, de lecer, e familiar.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 68 anónimos e ningún membro en liña