FSIE 40 años

Instituto

A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza levará á Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada a súa esixencia de modificar a baremación da experiencia previa nos procesos de selección a corpos docentes para acabar coa clara discriminación que sofren os traballadores da ensinanza privada e concertada.

Como xa denunciamos con anterioridade, a puntuación que asigna a lexislación vixente establece unhas diferenzas totalmente desproporcionadas entre os profesionais que desempeñaron o seu labor en centros públicos e aqueles que o fixeron en centros concertados ou privados.

Tras a última modificación levada a cabo polo Ministerio de Educación e recollida no Real Decreto 84/2018, de 23 de febrero, a puntuación asignada aos docentes de centros privados e concertados supón a metade (0,5 puntos por ano) que a dos docentes do sector público (1 punto por ano).

FSIE considera esta discriminación cara aos profesionais da educación privada e concertada completamente inaceptable e inxustificada xa que se está infravalorando a súa experiencia docente a pesar de desempeñar o seu labor en centros autorizados polas administracións públicas, impartindo o mesmo currículo oficial e regulados pola mesma lexislación e o mesmo servizo de inspección educativa que os seus homólogos da pública.

Desde o sindicato seguiremos traballando para lograr o xusto recoñecemento da experiencia dos docentes do sector cuxa profesionalidade e dedicación merecen ser valoradas adecuadamente e non en función unicamente do tipo de centro no que exercesen.


Documentos relacionados

 Banner Decalogo2

Temos 276 anónimos e ningún membro en liña