FSIE 40 años

cartel acosoescolar.jpg Acoso escolar

(Información obtida da web do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa do Ministerio de Educación y Formación Profesional)

  • O teléfono 900 018 018 e chat ANAR (para persoas con discapacidade) son unha ferramenta indispensable na loita contra o acoso escolar.
    • O teléfono 900 018 018 permite a recepción de chamadas telefónicas para persoas que non teñen ningún tipo de discapacidade.
    • O chat e correo-e ANAR é un sistema de comunicación en tempo real e accesible, dispoñible para persoas con discapacidade auditiva e da fala [www.anar.org/chat-anar].
  • O teléfono funcionará as 24 horas do día, os 365 días do ano (servizo 24-7-365).
  • Destinado a nenos, nenas, adolescentes, pais, nais, familia, conxunto de profesionais que forma a comunidade educativa, e a calquera outra persoa que coñeza unha situación de acoso escolar e/ou malos tratos no ámbito dos centros docentes do sistema educativo español, tanto dentro como fóra da aula.
  • As chamadas serán atendidas por profesionais de psicoloxía, psicopedagoxía, xuristas, sociólogos e traballadores sociais.
  • Coordinación con recursos externos nos casos de intervención por risco grave, e posterior seguimento do caso.
  • Garántese a absoluta confidencialidade, anonimato e protección de datos dos usuarios das diferentes lñas de axuda.
  • O número de teléfono é gratuito e non aparecerá na factura do teléfono dende o que se fai a chamada.
  • Aténdense todos os casos de acoso verbal, psicolóxico, físico, social, sexual e ciberacoso por internet, móbiles e redes sociais.
  • Asimesmo, aténdense os casos no ámbito internacional nos nosos centros no exterior, centros de convenio e programas internacionais.
  • A intención do Ministerio de Educación y Formación Profesional é chegar a todos os menores e a todos os posibles malos tratos no ámbito escolar.

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 66 anónimos e ningún membro en liña