FSIE 40 años

Captura de pantalla 2016 04 15 a las 14.01.27As organizacións sindicais FSIE, USO, UGT e CC.OO. denunciamos conxuntamente a vixencia do VI Convenio Colectivo de Empresas de Ensinanza Privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.

O ámbito temporal do VI Convenio finaliza o próximo 31 de decembro de 2019 e foi denunciado no prazo de tempo sinalado no propio convenio: dous meses antes da finalización da súa vixencia. Esta denuncia xa comunicada ás organizacións patronais e ao Ministerio de Traballo, é preceptiva para poder comezar no seu momento a negociación dun novo convenio colectivo para o sector.
Tal e como establece a normativa, deberase constituír a mesa negociadora composta polas organizacións sindicais e empresariais representativas do sector e comezar as reunións que permitan alcanzar un acordo sobre o que será o VII Convenio de ensinanza concertada.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 377 anónimos e ningún membro en liña