FSIE 40 años

isabel celaa 1 640x384Empezamos mal e nin sequera esperaron a formar o goberno. No marco do XV Congreso de Escuelas Católicas, a Ministra en funcións Isabel Celaá anunciou que se aprobará unha nova Lei de Educación que xa está presentada ante o Congreso dos Deputados. Por se alguén tiña algunha dúbida do tratamento que nela se vai dar á escola concertada e á relixión, a Ministra manifestou que o dereito dos pais a elixir centro non emana do dereito á educación e a liberdade de ensinanza establecidos no art. 27 da Constitución.

Baseou a súa afirmación nunha interpretación arbitraria da Constitución, dunha Sentenza do Tribunal Constitucional do ano 1981 e, ademais, omitiu numerosa xurisprudencia tanto do TC como do Tribunal Supremo que avalan precisamente o contrario do que dixo.
A situación política que nos deixaron as recentes eleccións augura unha difícil gobernanza do país e, no que a educación se refire, unha clara intención de recortar drasticamente a liberdade de ensinanza, a liberdade de educación e o dereito dos pais a elixir centro educativo para os seus fillos distinto dos de titularidade pública. En definitiva, un recorte ao número de aulas e centros concertados, unha nova diminución do tratamento da materia de Relixión dentro do horario curricular, máis dificultades no financiamento dos centros e dos salarios e condicións laborais dos seus traballadores e unha expansión de prazas públicas no tramo 0-3 que fará desaparecer centenares de empresas e postos de traballo nunha estratexia de asfixia á escolarización en centros concertados e privados.

Non é unha sorpresa. Situar ao estado por encima dos dereitos dos pais ou monopolizar a educación en busca do pensamento único son acenos de identidade dalgunhas ideoloxías. Non é sorpresa, levan meses anunciando as súas intencións agora incrementadas e máis duras pola necesidade de contentar aos seus novos amigos no goberno.

FSIE defenderá sempre as necesarias melloras dos concertos educativos, as melloras por e para os profesionais docentes e non docentes, un maior financiamento que garanta a gratuidade do ensinanza a custo real do posto escolar e, como sempre fixemos desde hai máis de 40 anos, defenderemos a liberdade de ensinanza nas súas múltiples facetas.

Este discurso radical que atenta contra liberdades e dereitos constitucionais considerando subsidiaria á ensinanza concertada non é o camiño. O pacto educativo non tén a máis mínima posibilidade de ser unha realidade con partidos que defenden posicións como a que presentou a Ministra en funcións.

Non haberá tranquilidade nin estabilidade se o próximo goberno pretende impor estas liñas de actuación e haberá que rexeitar contundentemente estes ataques se se fan realidade.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 168 anónimos e ningún membro en liña