FSIE 40 años

Dia del Maestro 2019A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza celebra o Día do Mestre coa súa campaña "A vosa vocación move o mundo" felicitando a todas as mestras e mestres polo gran labor que desempeñan e agradecéndolles a súa dedicación e compromiso coa ensinanza.

A data desta xornada dedicada aos docentes españois foi elixida para celebrar o patrón dos profesores, San José de Calasanz, sacerdote, pedagogo e considerado o precursor da educación moderna como fundador da primeira escola cristiá popular e gratuíta de Europa.  
Desde FSIE aproveitamos a celebración deste día para lembrar á sociedade no seu conxunto que para poder ter un sistema educativo de calidade e que chegue a todos en igualdade de condicións non se pode descoidar baixo ningún concepto o alicerce fundamental que o sostén; os profesores. Por iso consideramos imprescindible que se recoñeza a importancia da tarefa que desempeñan os docentes no desenvolvemento do tecido social que conformará as comunidades do futuro.

Por todo iso, FSIE mantén o seu compromiso de seguir traballando para poder garantir aos profesionais da ensinanza concertada, privada e de atención a persoas con discapacidade, unhas condicións laborais e salariais dignas, xustas e acordes á profesionalidade, calidade e esixencia coa que eles desempeñan o seu labor.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 139 anónimos e ningún membro en liña