FSIE 40 años

Cartel Dia Internacional Discapacidad bajaA Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza súmase un ano máis á celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, iniciativa internacional que tén como obxectivo fundamental promover unha maior comprensión dos dereitos das persoas con discapacidade e a construción dunha sociedade máis inclusiva.

As Nacións Unidas, órgano impulsor deste día conmemorativo, pon o foco nesta ocasión no "Desenvolvemento Sustentable: A promesa da tecnoloxía" e o enorme potencial da mesma para facilitar a participación na sociedade dos máis de mil millóns de persoas que conviven cunha discapacidade en todo o mundo. É fundamental pór a tecnoloxía ao servizo da inclusión e a accesibilidade para garantir dereitos tan básicos como o da educación que en moitas ocasións as nenas e nenos con discapacidade non poden exercer xa que non teñen acceso aos materiais de aprendizaxe requiridos.
Por iso, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) está a desenvolver un mecanismo baseado no "deseño universal" de libros de texto utilizando formatos dixitais que empregan a linguaxe de acenos para os alumnos con discapacidade auditiva, a linguaxe simplificada para os alumnos con discapacidade intelectual e o audio para os estudantes con impedimentos visuais.

Desde FSIE queremos aproveitar este día para lembrar á cidadanía e aos axentes sociais e políticos a enorme importancia que desempeña a educación na construción de sociedades inclusivas e igualitarias nas que estean garantidos os dereitos de todas e todos.

Co lanzamento da campaña "Igualdade de oportunidades, Igualdade de Capacidades. Por unha educación accesible que acabe coas barreiras" queremos instar ás administracións públicas e educativas en xeral a promover accións e proxectos que faciliten o acceso universal de todas as nenas e nenos con discapacidade aos materiais básicos de aprendizaxe.

FSIE, firmemente comprometida co sector da atención ás persoas con discapacidade, quere celebrar este día facendo tamén un chamamento ao respecto e á aceptación da diversidade e reafirmando o seu compromiso de seguir traballando, desde o seu ámbito de actuación, pola integración plena e efectiva das diferentes capacidades na sociedade.

Documentos relacionados

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 309 anónimos e ningún membro en liña