FSIE 40 años

Boletin Acuerdo de GobiernoO Pacto de Goberno entre PSOE e Podemos confirma, con relación a Educación, as preocupacións que desde hai meses vén manifestando FSIE.

Algunhas propostas, lonxe de mellorar o sistema educativo, pretenden reducir a liberdade de ensino e de elección de todas as familias e introducir medidas que prexudican ao ensino concertado e á educación especial. Entre as que máis preocupan a FSIE están:

Aprobar unha nova Lei Básica de Educación que blinde ao ensino público como eixo vertebrador do sistema (o que non se "blinda" é prescindible ou subsidiario).

Garantir a inclusión eliminando a segregación por condicións de orixe, necesidades educativas especiais ou por sexo (deixarán de existir os centros de educación especial?).

Impedir a segregación por sexo nos centros sostidos con fondos públicos (retirar os concertos aos centros de educación diferenciada).
Potenciar a educación afectivo-sexual conforme a un enfoque de dereitos, igualdade e liberdade (Xa xerou polémica e confrontación cos idearios dos centros. Haberá que esperar á redacción do currículo).

Relixión: será voluntaria (sempre o foi), non terá materia alternativa nin a súa nota será computable a efectos académicos (esta nova regulación pode contravir o establecido nos Acordos coa Santa Sé o que xerará de novo conflito).

Universalización do 0-3 anos na rede pública cunha oferta suficiente de prazas públicas para todos os nenos (non se fala de posibles convenios con institucións sen ánimo de lucro, só prazas na rede pública).

FSIE está a traballar desde hai semanas con organizacións do sector e partidos políticos para articular unha resposta adecuada a estes ataques xa que non houbo ningún diálogo nin negociación respecto de tales medidas. Desde o sindicato reafirmamos o noso compromiso de defender os dereitos e principios do sector con todas as ferramentas dispoñibles ao noso alcance entre as que se atopan a mobilización e a xudicialización se fose necesario.

Documentos relacionados

Boletín 112_Acuerdo de Gobierno

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 57 anónimos e ningún membro en liña