FSIE 40 años

Boletin Paternidad y JubilacionDesde o 1 de xaneiro de 2020 o permiso de paternidade amplíase a 12 semanas.

O catro primeiras semanas de baixa paternal son obrigatorias e deben gozarse inmediatamente despois do parto.

O oito semanas restantes pódense gozar de forma consecutiva ás catro anteriores, ou en calquera momento durante o primeiro ano de vida do bebé, sempre en períodos semanais preavisados á empresa con 15 días de antelación.

Este permiso é retribuido ao 100% e intransferible.

As nais teñen un permiso de maternidade de 16 semanas. As seis primeiras semanas son tamén obrigatorias despois do parto. As dez restantes débense tamén tomar de forma consecutiva ás seis anteriores ou durante os primeiros doce meses de vida do bebé.

As nais poderán ceder ata dúas das súas semanas non obrigatorias ao outro proxenitor.
Ademáis, modifícanse os requisitos para poder acceder á xubilación ao 100%.

A idade de xubilación ao 100% elévase este ano 2020 até os 65 anos e 10 meses cumpridos para quen acrediten menos de 37 anos de cotización.

Se se cotizaron 37 anos ou máis, poderanse xubilar ao 100% quen teñan 65 anos cumpridos.

Requírense polo menos 15 anos de cotizacións, dúas dos cales deben estar comprendidos nos 15 anos anteriores á xubilación.

O período de cálculo das pensións no momento da xubilación será de 23 anos.

Para máis información ou calquera consulta respecto disto non dubidedes en acudir á nosa sede máis próxima, estaremos encantados de axudarvos!

Documentos relacionados

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 26 anónimos e ningún membro en liña