FSIE 40 años

Subida conciertos 2
Na sesión celebrada onte o Consello de Ministros aprobou incrementar os módulos de concertos educativos en todas as súas partidas nun 2%. Na rolda de prensa posterior, a voceira do novo goberno anunciou que a medida se aplicará con efectos de 1 de xaneiro.

O Real Decreto-ley 2/2020, de 21 de enero de 2020, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público foi publicado esta mesma mañá no Boletín Oficial do Estado, producíndose por tanto a súa entrada en vigor inmediata.
A medida contempla a previsión de que as cantidades variables de incremento salarial que puidesen experimentar os funcionarios públicos a partir do mes de xullo de 2020, en función do cumprimento dos obxectivos relacionados co PIB, se apliquen tamén a todas as partidas do módulo de concerto desde esa data ata decembro.

Os importes anuais e desagregación dos módulos económicos por unidade escolar nos centros concertados dos distintos niveis e modalidades educativas están recollidos no Anexo I do devandito Real Decreto.

Documentos relacionados

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 70 anónimos e ningún membro en liña