FSIE 40 años

Ninos al cole
O 1 de febreiro publicábase no Boletín Oficial do Estado, mediante resolución de 21 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Traballo, a Acta na que se aproba a regulación das saídas escolares de máis dun día de duración do VI Convenio colectivo de empresas de enseñanza privada sostenidas total o parcialmente con fondos públicos..

O acordo foi subscrito o 19 de decembro de 2019 por FSIE e o resto de sindicatos (USO, FeSP-UGT, e CCOO) e as patronais do sector EyG, CECE, FED-ACES e APSEC.
Como informamos no momento da súa firma, para FSIE é un gran acordo que vén mellorar as condicións nas que se realizan este tipo de actividades na maioría de centros. Entre outros aspectos o texto recolle explicitamente a voluntariedade destas actividades para o traballador, como se realizará o cómputo das horas dedicadas ás mesmas e a remuneración a percibir sendo para cada día lectivo ou laborable non lectivo de presenza obrigatoria no centro de 50 euros e por cada día non lectivo ou laborable de non presenza obrigatoria no centro de 80 euros (saída nacional) ou 90 euros (saída internacional).

O acordo entra en vigor desde este pasado sábado quedando excepcionadas para este curso 2019/20 as actividades que estivesen programadas, comunicadas e con orzamento pechado á data da firma deste acordo.

Documentos relacionados

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 54 anónimos e ningún membro en liña