FSIE 40 años

CongresoDiputados Interior

FSIE, organización sindical maioritaria no sector da ensinanza concertada e privada, lamenta que se perda unha nova oportunidade para adoptar medidas que garantan ao sistema educativo a necesaria estabilidade e durabilidade que require e poder así superar os graves problemas de fracaso e abandono escolar que temos.

Estamos ante unha nova Lei que responde ao interese dunha parte que non representa unha ampla maioría do arco parlamentario nin tampouco da comunidade educativa e a sociedade. Un Proxecto que se presenta por segunda vez sen o máis mínimo diálogo e debate. O Goberno nin sequera vai dar traslado do Proxecto ao Consello de Estado para que emita informe sobre o mesmo. No contexto político actual, o futuro desta lei está vinculado ao que dure este Goberno.

É unha lei que volve recrearse en polemizar respecto de temas como a ensinanza concertada, a liberdade de elección dos pais, a materia de relixión ou o ensino diferenciado, coma se estes fosen nalgún caso os problemas que tén o sistema educativo.

FSIE achegará no trámite parlamentario a todos os partidos políticos as nosas propostas para modificar o texto do Proxecto. Entre as medidas principais que proporá FSIE destacamos:

  • Que la Lei fortaleza o art. 27 da Constitución no seu desenvolvemento e respecte os Acordos Internacionais firmados por España
  • Elaboración dunha Lei da Profesión docente para todos os profesionais.
  • Garantías para manter os postos de traballo dos actuais profesionais ante as novas modificacións que se pretenden introducir
  • Equiparación salarial e de carga lectiva do persoal docente de centros concertados cos seus homólogos da ensianza pública.
  • Mellorar e facilitar a xubilación parcial.
  • Mlloras para o persoal de Administración e Servizos.
  • Gratuidad real de las enseñanzas y actualización del módulo del concierto.
  • Gratuidade de 0-3 anos e do Bacharelato.
  • Extensión das becas e axudas ao alumnado e familias en función das súas condicións socioeconómicas e non polo tipo de centro no que se escolarizan.
  • Ampliación do servizo de orientación a Infantil e Primaria, medida fundamental para previr o fracaso escolar.
  • A planificación da oferta escolar por parte das administracións debe ter moi presente a existencia de centros públicos e concertados e non só a oferta de prazas públicas.
  • Mantemento dos centros de educación especial mellorando a dotación de recursos humanos, materiais e económicos.

FSIE confía en que o trámite parlamentario permita a incorporación de propostas que melloren o texto actual, priorizar a mellora do sistema educativo con obxecto de reducir o fracaso e abandono escolar e se  revisen certas medidas que non achegan solucións ás problemáticas dun amplo sector como é o da ensinanza concertada.


Documentos relacionados

Nota de Prensa

 Banner Decalogo2

Temos 96 anónimos e ningún membro en liña