FSIE 40 años

Infografia nuevo coronavirus

O Ministerio de Educación y Formación Profesional remitiu unha carta á comunidade educativa en relación á alerta internacional sobre o coronavirus na que recalca a importancia de manter a calma ante unha crise que no noso país está catalogada como de risco moderado para a saúde pública.

No comunicado incídese ademais na importancia de dispor en todo momento de información contrastada e procedente de fontes cualificadas para evitar posibles situacións de discriminación cara a nenas e nenos como as que, segundo o escrito, producíronse nalgúns centros educativos nos últimos días.

O Ministerio de Sanidad desenvolveu en colaboración coas comunidades autónomas e en liña coa Organización Mundial de la Salud (OMS), e con outros organismos internacionais como o Centro Europeo para la Prevención y Control de Enfermedades (ECDC) un procedemento para a detección precoz de casos de infección polo novo coronavirus. Co fin de contribuír á contención do mesmo o Ministerio difundiu unha infografía con información sobre o virus, os seus síntomas e o protocolo a seguir para previr contaxios que recomenda difundir nos centros educativos e podedes descargala aquí.

Ademais, o Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones difundiu un comunicado sobre o novo Criterio 2/2020 no que se establece que os períodos de illamento preventivo indicados polas Autoridades competentes como consecuencia do coronavirus consideraranse como Incapacidade Temporal derivada de enfermidade común. Por tanto, aqueles traballadores que se visen sometidos a unha situación de corentena, e por tanto imposibilitados para asistir ao seu posto de traballo ata que se verifique se están infectados ou non, "terán dereito ás correspondentes prestacións, cumpridos os demais requisitos en cada caso, e nos termos e condicións establecidos polas normas do Réxime da Seguridad Social en que se atope encadrado o traballador".

Para máis información, actualizada e contrastada, recoméndase consultar a web do Ministerio de Sanidad.

 Banner Decalogo2

Temos 53 anónimos e ningún membro en liña