FSIE 40 años

Quedarseencasa

FSIE pide que se manteñan as condicións laborais de todos os traballadores
.
FSIE, ante a excepcional situación que estamos a vivir e que provocou o peche de centros decretado por parte das autoridades co obxectivo de evitar a propagación do virus reducindo os desprazamentos das persoas, solicitou ás organizacións patronais do sector da ensinanza concertada, privada e atención á discapacidade o seguinte:

  • Que os centros de traballo organicen o teletraballo e tomen a medida extraordinaria de non asistencia ós mesmos de todos os traballadores sexa cal sexa a súa categoría profesional.  É a forma adecuada de cumprir co que desde a administración se está ditando e coa mensaxe continua de que "hai que quedarse na casa".
  • En caso de decidir a asistencia dos traballadores, na súa totalidade ou en parte da plantilla, e sempre que sexa autorizado polas autoridades competentes, se adopten todas as medidas sanitarias e hixiénicas na empresa para evitar que estas persoas poidan contraer o virus: subministro de luvas y máscaras, xabón e xel desinfectante, roupa de traballo adecuada, desinfección das instalacións, distancia de seguridade entre eles, etc.
  • Que se eviten a adopción de medidas prexudiciais nas condicións laborais dos traballadores nesta situación xa de seu delicada.
FSIE constata o enorme esforzo que os profesionais están a realizar para pór en marcha medidas de teletraballo que minimicen o efecto negativo que esta situación pode ter sobre a formación do alumnado. Sen dúbida conseguirano. Está a demostrarse a profesionalidade e o compromiso de todos neste sentido. Recoñecemos tamén o esforzo que están a facer os equipos directivos para adaptar o funcionamento a estas circunstancias e a sensibilidade que a maioría deles están a demostrar.

Tamén está a ser encomiable o esforzo do PAS e por iso FSIE solicita tamén ás empresas que, xunto ás administracións públicas que deben establecer con urxencia axudas de carácter extraordinario, fagan un esforzo para manter as condicións laborais de todos os traballadores sen distinción.

Non é precisamente o momento de proceder a despedimentos que poden xerar situación de indefensión en moitos traballadores complicándolles aínda máis a delicada situación na que estamos. Especialmente estámonos referindo a aqueles profesionais que non poderían realizar as súas funcións mediante o teletraballo.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 54 anónimos e ningún membro en liña