FSIE 40 años

AprendoEnCasa
As difíciles circunstancias que estamos a atravesar debido á crise sanitaria polo coronavirus están a obrigar á cidadanía a dar o mellor de si mesmos. Como non podía ser doutra maneira os e as profesionais do sector da ensinanza concertada, privada e de atención a persoas con discapacidade non ían ser menos e están a realizar un encomiable esforzo para tentar que esta situación excepcional afecte o menos posible ás súas alumnas e alumnos.

Desde que se decretou a suspensión da actividade lectiva presencial o persoal docente está a traballar incansablemente para continuar a formación do seu alumnado adaptando todo o labor educativo aos medios dixitais, a través de todas as plataformas, correo electrónico e ferramentas online ao seu alcance.

Co obxectivo de facilitar o acceso aos recursos educativos que se utilizan especificamente para os procesos de educación ou aprendizaxe a distancia, o Ministerio de Educación y Formación Profesional puxo en marcha a web "Aprendo en casa" dirixida tanto a familias e alumnado como aos docentes.

Os profesores e profesoras poderán atopar nela recursos de utilidade para todas as etapas educativas previas á Universidade (Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional). Tamén ofrece información sobre a formación aberta posta en marcha polo Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y Formación del Profesorado (INTEF) e outras iniciativas de entidades privadas, como editoriais ou plataformas educativas, que pon os seus servizos a disposición da comunidade educativa.

As Consellerías de Educación das CCAA fixeron o propio poñendo a disposición dos docentes todos os seus recursos técnicos e didácticos.

Ante este novo escenario non foron poucos os profesionais que denunciaron as desigualdades que xera a fenda dixital entre o alumnado de familias máis vulnerables que carecen de recursos para seguir as actividades on-line. Desde o MEyFP aseguraron estar a traballar en iniciativas dirixidas especialmente aos estudantes de familias socialmente máis vulnerables como a posta en marcha en colaboración con RTVE, de "Aprendemos en casa". Este proxecto consiste nunha programación especial de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en Clan TV e na 2 de TVE.

Desde FSIE queremos agradecer aos docentes, ao persoal de administración e servizos e ao persoal complementario o gran labor que están a realizar, asegurando a continuidade da actividade educativa nestes momentos de incerteza..

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 60 anónimos e ningún membro en liña