FSIE 40 años

Boletin Donacion Cruz RojaO Presidente de Cruz Roja, D. Javier Senent García, remitiu ao Secretario Xeral de FSIE o escrito que a continuación reproducimos agradecendo a doazón que FSIE, en nome de todos os seus afiliados e sindicatos, realizou ao programa de axuda de Cruz Roja. Tamén nos remite un documento no que Cruz Roja informa as actuacións que desenvolveu e ás que contribuímos coa nosa axuda.

Estas accións son variadas e chegaron a todo o territorio do Estado. Realizáronse en diferentes ámbitos que van desde sanidade a educación e apoio escolar, bens de primeira necesidade, materiais de protección, acompañamento social, aloxamento de persoas necesitadas, atención a persoas maiores e vulnerables, etc.

FSIE tamén agradece a solidariedade exemplar de todos os seus afiliados nun momento tan excepcional e difícil como o que estamos a vivir.

Consulta no noso último Boletín a carta de agradecemento e o Informe remitido por Cruz Roja.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 181 anónimos e ningún membro en liña