FSIE 40 años

Cartel RecomendacionesFSIE considera que, nestes momentos, NON SE DAN AS CONDICIÓNS ADECUADAS para un regreso aos centros educativos e de atención a persoas con discapacidade.

Tampouco estamos de acordo co Plan aprobado con relación aos menores de 6 anos e a voluntariedade dos maiores para asistir a clase. Uns por ser cuestións que só pretenden facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, e os outros porque complican aínda máis a difícil situación na que estamos.

Ata agora, estamos a ver como se anuncian posibles medidas con escasa claridade que aumentan a incerteza e a crispación da comunidade educativa.

A decisión de abrir os centros e de que forma facelo correspóndelles ás administracións competentes que terán que aprobar a normativa correspondente. No entanto, queremos ofrecer unha serie de recomendacións, seguindo as indicacións do Ministerio de Sanidad do Goberno de España e a normativa laboral vixente, que poden ser útiles cando se decida renovar a actividade presencial.

A primeira recomendación é que, ante calquera dúbida e antes de tomar calquera decisión, te poñas en contacto co sindicato para poder axudarche.

Para consulta, segue esta ligazón que elaboramos: Documento con Recomendacións.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 25 anónimos e ningún membro en liña