FSIE 40 años

Trabajadores SensiblesDesde o comezo da crise sanitaria as administracións insistiron na maior incidencia do virus nos denominados grupos de risco. O Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, nunhas instrucións aclaratorias, definiu como grupos vulnerables para COVID-19 aos efectos dun posible parte de baixa ás persoas que presentan patoloxías cardiovasculares, hipertensión arterial, diabetes, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencias, procesos oncolóxicos en tratamento activo, mulleres embarazadas e maiores de 60 anos.

Ante a posible volta aos centros de traballo nos próximos días consideramos imprescindible aclarar quen pode obter a baixa por esta condición, cal é o proceso e, sobre todo, que facer en caso de non obter o recoñecemento de traballador especialmente sensible a pesar de selo.

Por iso, FSIE elaborou un Documento no que poderedes resolver as dúbidas máis frecuentes respecto diso. Ademais, insistimos en que, antes de tomar calquera decisión, consultes co Sindicato para saber cal é o procedemento correcto para non incorrer en mala fe ou neglixencia da que puidesen derivarse responsabilidades.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 89 anónimos e ningún membro en liña