FSIE 40 años

RD 182020Publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto-ley 18/2020, de 12 de maio, de medidas sociales en defensa del empleo que establece novas condicións na aplicación dos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego, entre outras.

A normativa establece a prórroga dos ERTE por forza maior para aquelas empresas que o teñan autorizado en base ao artigo 22 do Real Decreto-ley 8/2020, de 17 de marzo e non poidan renovar a actividade por manterse vixente a causa ou causas que o motivaron mentras duren as mesmas e en ningún caso máis aló do 30 de xuño.

Ademais, permítese ás empresas iniciar con posterioridade á entrada en vigor deste Real Decreto-Ley, e ata o 30 de xuño de 2020, un ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción, rexéndose polo establecido no art. 23 do Real Decreto-ley 8/2020 con condicións específicas.

O texto tamén prorroga outras medidas de protección do desemprego como o dereito á prestación contributiva por desemprego aos traballadores afectados aínda que carezan do período de ocupación cotizada mínimo necesario ou que o tempo que se perciba a prestación por desemprego non compute aos efectos de consumir os períodos máximos de percepción establecidos.

Consulta todas as medidas no Resumo que elaboramos.

Documentos relacionados
Real Decreto-Ley 18/2020 (BOE, 13-5-2020)

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 76 anónimos e ningún membro en liña