FSIE 40 años

Conferencia sectorial 2
A terceira Conferencia Sectorial de Educación, desde que se declarase o Estado de Alarma, concluíu coa creación dun grupo de traballo conxunto do Ministerio de Educación y Formación Profesional e as Comunidades Autónomas cuxo obxectivo principal será a planificación do próximo curso escolar 2020-21.

Na reunión telemática, presidida pola ministra Isabel Celaá, participaron os conselleiros e conselleiras autonómicos ademais de Alejandro Tiana, Secretario de Estado de Educación, Clara Sanz , secretaria xeral de Formación Profesional, e o subsecretario de Educación e FP, Fernando Gurrea.

O devandito grupo de traballo deberá elaborar, antes das vacacións de verán, varios plans de actuación para o comezo e desenvolvemento do próximo curso e que deberán contemplar diversos escenarios en función da evolución da pandemia por coronavirus como son que a docencia presencial sexa posible sen restricións, que sexa necesario manter o distanciamento social ou que un novo confinamento a impida por completo. Neles abordarase a organización da actividade escolar, a programación didáctica e o reforzo das competencias dixitais orientadas a fomentar a actividade lectiva a distancia.

O MEyFP manifestou que de darse o escenario dous, que implica manter a distancia interpersoal, sería necesario adoptar medidas para optimizar todos os espazos dos centros educativos, combinar a actividade presencial coa actividade online ou adecuar os horarios para cumprir as condicións sanitarias establecidas. Desde FSIE reiteramos que os recursos actuais non son suficientes nin para impartir as clases presencialmente a todos (simultaneamente ou en quendas alternas) nin para que os docentes poidan compatibilizar esa docencia presencial coa online. Por tanto continuaremos esixindo ao Ministerio que se adopten as medidas necesarias no caso de ter que afrontar dita situación e sempre que Sanidade recomende a volta aos centros con total garantía e seguridade para o alumnado e os profesionais.

Durante o transcurso da conferencia tamén se tratou a necesidade de dotar de equipamento tecnolóxico aos centros educativos e de proporcionar formación para o profesorado, iniciativas que desde FSIE valoramos positivamente e esperamos cheguen a todos os centros educativos, independentemente da súa titularidade, para lograr eliminar a fenda dixital que durante esta crise sanitaria está a afectar ao alumnado máis vulnerable.

Respecto ao retorno á actividade presencial na Fase 2 acordouse priorizar a asistencia dos alumnos de cursos terminais (4º de ESO, 2º de Bacharelato, 2º de Formación Profesional media e superior e último curso de ensinos de réxime especial) debido á importancia académica dos mesmos, quedando en mans das CC.AA. decidir sobre a apertura dos centros de 0 a 6 anos e organizar a ABAU e outras probas de acceso a ciclos formativos de FP.

Desde FSIE insistimos en que nestes momentos non se dan as condicións adecuadas volver á docencia presencial, e menos nas escolas de infantil onde é imposible garantir as medidas de seguridade e prevención, polo que esperamos que prevaleza en todas as comunidades o criterio de priorizar a asistencia daqueles niveis nos que poida ter verdadeiro impacto académico.

Documentos relacionados
Nota de Prensa do MEyFP

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 102 anónimos e ningún membro en liña