FSIE 40 años

Sectorial 4 Ningún avance significativo e un acordo xenérico que non resolve nada deixando todo en mans das CC.AA. e os centros educativos.

Seguimos inmersos na incerteza e, de novo, a reunión da Conferencia Sectorial pón en evidencia a falta de liderado do Ministerio de Educación y Formación Profesional e a incapacidade das CC.AA. de chegar a acordos concretos, claros e homoxéneos para todo o conxunto do sistema educativo.

O Ministerio de Educación xunto co de Sanidad presentaron un borrador de "recomendacións e directrices" para o inicio e organización do curso 2020-2021 que non foi aceptado polas CC.AA. alegando que cada unha delas é competente para facelo e non o Ministerio.

É dicir, volveremos ter regulacións distintas en cada territorio cando se deberían pactar uns criterios homoxéneos, claros e concretos que puidesen requirir nalgún caso adaptación nunha CC.AA. segundo fora a súa situación sanitaria.

Este borrador de Educación e Sanidad, segundo nos comunica hoxe mesmo o Ministerio de Educación segue en proceso de redacción xunto co Ministerio de Sanidad  e darano a coñecer de forma definitiva cando estea rematado.

O tempo corre e os profesionais e os centros teñen dificultades para pechar este curso e nin sequera saben que hai que facer de cara a setembro.

FSIE segue defendendo, como o fixo desde un principio nesta crise, que a ensinanza presencial é o desexable a condición de que os criterios sanitarios o permitan e sexan adoptadas todas as medidas de seguridade necesarias para salvagardar a saúde de traballadores e alumnado.

A Conferencia Sectorial, fóra de Madrid e País Vasco, si subscribiu o documento que se xunta e que recolle 14 puntos.

É un documento xenérico, que non achega medidas concretas, que deixa todo en mans de cada administración e que non resolve nada sobre a organización do próximo curso escolar.

Queda todo pois en mans das CC.AA. e FSIE pide que os responsables de educación conten coa nosa opinión e negocien as condicións de inicio e organización do curso escolar.

Ademais segue faltando unha parte moi importante como é o financiamento. A organización e desenvolvemento do próximo curso leva un maior investimento económico se se quere que dea os resultados que se pretenden e a día de hoxe nin sequera sabemos se vai existir ese incremento no financiamento. Aínda peor, a única referencia a este tema foi para dicir que se van distribuír 2.000 millóns para o ensino público excluíndo ao ensino concertado destas axudas económicas. Unha nova discriminación que FSIE xa denunciou ante o propio Presidente do Goberno.

Nova decepción, ningún avance e seguimos cos mesmos problemas e a mesma incerteza.

Documentos relacionados

Acuerdo Conferencia Sectorial de Educación_Curso escolar 2020/21

 Banner Decalogo2

Temos 339 anónimos e ningún membro en liña