FSIE 40 años

Guia Curso portadaA falta de liderado do Ministerio de Educación y Formación Profesional e a posición das Comunidades Autónomas na Conferencia Sectorial de Educación fixeron imposible que, ante unha situación tan grave como a que levamos vivindo desde o mes de marzo, puidéronse alcanzar acordos concretos, claros e homoxéneos para todo o sistema educativo.

A permanente incerteza na que nos movemos agrávase cando vemos que cada administración toma as súas propias decisións incrementando aínda máis as diferenzas existentes en educación.

A pesar das reiteradas peticións que FSIE vén realizando, seguimos sen saber como imos empezar o curso e que medidas se van aplicar nos diferentes escenarios aos que nos podemos enfrontar. O que si parece seguro é que non haberá maior financiamento para atender unha situación que si require incrementar os persoais tanto de docentes como do persoal de administración e servizos e complementario. Non se avanza na regulación do teletraballo que quizá teñamos que volver utilizar, nin tampouco nun tema tan importante como a mellora do ensino a distancia, a protección de datos e o dereito á desconexión dixital.

O Ministerio de Educación e o Ministerio de Sanidad publican agora unha "guía de recomendacións" sobre medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde fronte a COVID-19 para centros educativos, ordinarios e de educción especial, para o curso 2020-2021.

Pero son só iso, recomendacións que quedan a disposición das Comunidades Autónomas que son as que deben aprobar a súa propia normativa concretando en cada territorio como se vai proceder no curso escolar 2020/21.

A guía da que extractamos o principal neste documento estará en continua actualización en función da evolución da pandemia. Consúltaa aquí.

 

Documentos relacionados

Medidas de prevención_Documento oficial

 Banner Decalogo2

Temos 282 anónimos e ningún membro en liña