FSIE 40 años

TianaO Secretario de Estado de Educación, Alejandro Tiana, mantivo unha reunión coa Comisión Permanente do Consejo Escolar del Estado na que FSIE é o representante do profesorado do ensino privado e concertado.

O Secretario de Estado explicou as medidas adoptadas polo Ministerio durante a suspensión da actividade lectiva detallando algúns investimentos que están previstas para facer fronte ás necesidades que xurdiron como consecuencia do COVID-19.


FSIE interviu para trasladar ao Secretario de Estado o noso rexeitamento contundente ás conclusións aprobadas pola Comisión Parlamentaria para a Reconstrución Social e Económica nas que o ensino concertado queda expresamente excluída de calquera axuda para afrontar as consecuencias xeradas pola crise sanitaria. FSIE manifestou que é unha discriminación inxusta e incomprensible que vai ter consecuencias negativas para o profesorado, alumnado e familias dos centros concertados e que busca a confrontación co sector.

Estas propostas deben ser aprobadas no Congreso de los Diputados o próximo 22 de xullo e, tal e como lle dixemos ao Secretario de Estado, FSIE cre que aínda hai tempo para rectificar xa que a votación na Comisión reflectiu claramente a soidade do Goberno neste asunto.

Tamén manifestamos a nosa preocupación porque se seguen adoptando nas CC.AA. distintas solucións organizativas e de financiamento para afrontar o próximo curso escolar como consecuencia dunha falta total de liderado do Ministerio de Educación e unha falta de vontade de coordinación das CC.AA. para afrontar cos mesmos criterios xerais os distintos escenarios que se poden dar. Unha vez máis, o tratamento que reciba o ensino concertado, os seus profesionais, alumnado e familias queda en mans da decisión de cada goberno autonómico.

FSIE é partidario da volta á educación presencial con todas as garantías de seguridade para traballadores e alumnado e vemos con preocupación como se vai cambiando de criterio por exemplo no tema da distancia de seguridade e o número de alumnos por aula segundo niveis educativos. Tampouco se están adoptando medidas para facilitar a conciliación familiar e laboral no caso de que se dean episodios de corentena ou confinamento ou para regular o teletraballo e aumentar a seguridade en canto á protección de datos.

 Banner Decalogo2

Temos 54 anónimos e ningún membro en liña