FSIE 40 años

Cartel Dia Mundial dos Docentes

Como cada ano, a Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza súmase á celebración do Día mundial do Docente felicitando a todos os profesores polo gran labor que desempeñan e agradecéndolles a súa dedicación e compromiso.

Nesta edición, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura pon o foco en gran labor que os profesionais do ensino levaron a cabo desde que comezase a crise sanitaria por COVID-19. Baixo a lema "Docentes: liderar en situacións de crises, reinventar o futuro" preténdese render homenaxe á profesión docente no mundo e chamar a atención sobre o papel desempeñado polos docentes na consecución dun dos principais obxectivos da Axenda 2030: garantir o acceso a unha educación de calidade para que ninguén quede atrasado.

A pandemia de COVID-19 aumentou os desafíos xa numerosos aos que fan fronte os sistemas educativos a través de todo o mundo. Por iso pór no centro do debate a cuestión do liderado dos docentes con respecto ás respostas á crise é esencial xa que as súas contribucións destinadas a proporcionar unha aprendizaxe a distancia, apoiar ás poboacións vulnerables, volver abrir as escolas e garantir que poidan atenuarse as brechas na aprendizaxe, son vitais para o desenvolvemento do tecido social que conformará as comunidades do futuro.

Desde o inicio da crise sanitaria os docentes demostraron unha capacidade para innovar e crear sen precedentes ao adaptarse en tempo record, sen moito apoio pedagóxico nin orientación por parte das autoridades educativas, á nova realidade garantindo a continuidade da actividade educativa. FSIE quere aproveitar a celebración deste día para esixir ás administracións a implementación de normativas en materia de contratación, formación e garantía do desenvolvemento profesional continuo a fin de proporcionar aos docentes todo o apoio necesario para a consolidación dese liderado sistémico.

Por iso, desde FSIE queremos insistir, unha vez máis, na necesidade da creación dunha Lei da Profesión Docente que regule os dereitos e obrigacións de todos os profesionais da educación con independencia da natureza dos seus centros de traballo. Unha lei que garanta unhas condicións laborais dignas, que estableza os parámetros dunha formación inicial de calidade e adecuada ás necesidades reais dos docentes e que reflicta a importancia da formación permanente. Só desta maneira poderemos sentar as bases dun sistema educativo de calidade, que chegue a todos en igualdade de condicións e no que o seu alicerce fundamental, os docentes, participen activamente no deseño e a planificación das políticas educativas.

Por todo iso, FSIE mantén o seu compromiso de seguir traballando para poder garantir aos profesionais da ensinanza concertada, privada e de atención a persoas con discapacidade, unhas condicións laborais e salariais dignas, xustas e acordes á profesionalidade, calidade e esixencia coa que eles desempeñan o seu labor.

Documentos relacionados

Día Mundial dos Docentes_Cartel

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 240 anónimos e ningún membro en liña