FSIE 40 años

PORTADA CONVENIO INFANTIL

Esta mañá reuniuse a Mesa sectorial do Convenio de Infantil que contou coa participación de todas as organizacións sindicais e patronais representadas.

No encontro abordouse a alarmante situación do sector que, tras a pandemia e debido ás medidas adoptadas polo Goberno, se agravou notablemente. Actualmente os datos son moi preocupantes:

    - Peche dun 10% das empresas do sector cos consecuentes despedimentos.


    - Diminución dun 25% do número de alumnos motivado principalmente polo medo aos posibles contaxios e a redución de ingresos nas familias pola perda de posto de traballo ou redución do salario por estar en ERTE.

    - Os ERTE que regula o RDL 30/2020 eliminan as exoneracióne das cotas á Seguridade Social dos Centros de Educación Infantil o que fai inviables a moitas empresas.

    - Intrusismo das empresas de xogo e entretemento infantil que non están obrigados a cumprir a normativa dos CEI, nin dar as garantías educativas e organizativas destes.

Todas as organizacións estivemos de acordo en realizar unha declaración oficial do Sector e propuxemos accións para visibilizar o problema e reclamar axudas que salven os postos de traballo en todos estes centros.

Nun primeiro momento solicitaremos, unha vez máis, a creación da Mesa Sectorial Nacional para presentar ao Ministerio de Educación a situación actual e de futuro inmediato e solicitar as medidas de apoio para o mantemento do sector e ao emprego urxente para este curso.

Durante a reunión, FSIE propuxo que se tratase a adaptación das táboas ao SMI do 2020 en cumprimento da disposición Final cuarta do Convenio dado que o salario das Educadoras de xestión directa e do grupo B de xestión indirecta está por baixo do SMI, proposta apoiada unicamente pola CIG e ignorada polo resto de organizacións sindicais (CCOO, UGT e USO).

As patronais comprometéronse a estudar a reclamación de FSIE e a trasladarnos unha resposta á mesma na próxima reunión da Mesa Sectorial.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 245 anónimos e ningún membro en liña