Ninos al cole

A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza (FSIE) remitiu un escrito ao Presidente do Goberno esixindo a aprobación inmediata dun permiso retribuído para os pais, nais ou titores legais que deban quedar no seu domicilio como consecuencia de que os seus fillos estean en corentena por COVID-19.

A pesar de que o Vicepresidente do Goberno, Pablo Iglesias, anunciou a aprobación dunha baixa laboral por esta causa e mesmo o Secretario de Estado de Dereitos Sociais manifestara hai semanas que "esta baixa é unha medida esencial que será aprobada polo Ministerio de Seguridade Social e Traballo", o certo é que o Goberno segue sen dar solución a este problema que xa está a afectar a un número importante de familias.

O peche de aulas produciuse desde o mesmo momento en que comezou o curso escolar e esta situación pode reproducirse ao longo de todo o curso afectando de forma negativa á conciliación da vida familiar e laboral así como á economía das familias que se ven obrigadas a solicitar excedencias ou permisos non retribuídos para coidar dos seus fillos.

Doutra banda, faise necesario reconsiderar a clasificación do nivel de risco que afecta ós traballadores de centros educativos ao desenvolver a súa función en aulas con ata 30 persoas sen manter a distancia de seguridade, o que implica o posible contacto con persoas tanto asintomáticas como sintomáticas. Actualmente, están considerados como persoal de "Nivel de risco 1" correspondente a persoas con "similar risco ao comunitario e cuxo traballo se realiza sen contacto con persoas sintomáticas". Obviamente esta clasificación non responde á realidade e debe ser modificada.

Finalmente, FSIE denuncia a situación do profesorado e persoal de administración e servizos que se atopan dentro dos grupos de persoas sensibles á COVID e solicita ao Goberno que garanta que todo o persoal que polas súas circunstancias persoais se identifica con estes grupos se lle reasignen funcións en condicións seguras (sen contacto directo co alumnado ou público no caso de profesionais de centros educativos) ou, no seu caso, se lles recoñeza unha incapacidade temporal. Nestes momentos hai moitos profesionais que se atoparon coa negativa de ser considerados persoal sensible, tanto pola Seguridade Social como polas Mutuas, o que os pón en serio risco.

Documentos relacionados

Nota de Prensa

Carta al Presidente del Gobierno