FSIE 40 años

NdP Concertados

A Plataforma Concertados inicia unha rolda de contactos cos diferentes Grupos Parlamentarios ante as preocupantes propostas de emenda presentadas pola coalición de Goberno.

Tras coñecer as emendas á LOMLOE presentadas polo PSOE e Unidas Podemos que empeoran o texto orixinal do Proxecto de Lei, a Plataforma Concertados manifestou a súa preocupación polo ataque que supoñen algunhas destas emendas á actual complementariedade dos modelos educativos, ao sistema de concertos, á liberdade das familias e á situación dos traballadores da ensinanza concertada. A Plataforma solicitou unha reunión cos diferentes Grupos Parlamentarios para expor as súas propostas, transmitir o seu desexo de colaboración para que a LOMLOE sexa unha lei de consenso que dure no tempo e non outra lei de partido, como así está a suceder, e solicitar o seu apoio para que non prosperen as medidas que atentan contra a liberdade de ensinanza.


Neste sentido, o pasado 24 de setembro a Plataforma mantivo unha reunión co Grupo parlamentario Popular na que este lles transmitiu as emendas que presentaran e mostraron o seu apoio ás formulacións da Concertados. Así mesmo, o 5 de outubro asistiu a unha reunión co Grupo Parlamentario Cidadáns, ao que fixo chegar a súa enorme preocupación pola deríva totalitaria que tomou a LOMLOE, lei que quere aprobarse sen nin sequera contar coa participación de toda a comunidade educativa, á que se lle impediu a posibilidade de facer ouvir a súa voz no Parlamento como así aprobaron PSOE e Unidas Podemos.

No día de hoxe mantívose tamén unha reunión co Grupo Parlamentario VOX, ao que fixo chegar as súas propostas educativas para a LOMLOE, que manifestou o seu compromiso de apoiar as emendas que defendan a liberdade de ensino.

A Plataforma Concertados, na que están representados as familias, os traballadores da ensinanza e os titulares dos centros, manifestaron a estes Grupos Parlamentarios, en primeiro lugar, que a LOMLOE quere suprimir a libre elección das familias e a demanda social como criterio para manter ou reducir aulas, ademais de reforzar o criterio de zonificación, que restrinxe aínda máis esta liberdade.

En segundo lugar, que o Proxecto de Lei esquécese completamente do profesorado e dos traballadores do sector, pois non inclúe ningunha medida que mellore a situación dos docentes, máis ben ao contrario, acrecenta aínda máis as avultadas desigualdades existentes cos seus homólogos da rede pública.

En terceiro lugar, a LOMLOE menoscaba a seguridade xurídica e laboral no sector e terá graves consecuencias sobre o mantemento e a calidade do emprego.

Os integrantes da Plataforma, como así llo fixeron saber aos Grupos Parlamentarios cos que xa se reuniron, desexan unha lei que solucione os verdadeiros problemas da aprendizaxe do alumnado, que aposte pola autonomía dos centros, pola innovación e polo respecto aos dereitos de pais, alumnos e educadores e que achegue o financiamento necesario. A LOMLOE parece ter outros obxectivos máis ideolóxicos que educativos.

A Plataforma Concertados móstrase moi crítica coas formulacións do Goberno e coas formas coas que está a actuar, eliminando mesmo que, como así foi noutras ocasións, a comunidade educativa poida mostrar no Parlamento o seu desacordo cunhas medidas que propician a confrontación social marxinando deliberadamente ás familias, traballadores e centros educativos que no exercicio dos seus dereitos constitucionais elixiron democraticamente unha educación distinta á pública.

A Plataforma está pendente da convocatoria do resto de Grupos Parlamentarios.

Documentos relacionados

Nota de Prensa conxunta

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 149 anónimos e ningún membro en liña