FSIE 40 años

Resumen RD 926 2020 Estado de alarma 1

Como consecuencia do incremento constante dos contaxios por COVID-19 en todo o territorio, o Consello de Ministros, convocado de urxencia, decretaba no día de onte a declaración dun novo estado de alarma a nivel nacional.

O texto, publicado onte mesmo no BOE, establece que a pesar de ser o Goberno a autoridade competente delegarase nas CC.AA. a determinación de certas medidas e a súa aplicación. Con este novo Estado de Alarma non se decreta un confinamento domiciliario como ocorreu no pasado mes de marzo pero si se introduce a limitación da libre circulación das persoas en horario nocturno, ou toque de queda, durante o período comprendido entre as 22:00 e as 7h, quedando en mans das CC.AA. a fixación do mesmo.

Esta medida extraordinaria entrou en vigor o 25 de outubro e finalizará o 9 de novembro sen prexuízo das prórrogas que se poidan aprobar xa que o Goberno anunciou a súa intención de amplialo ata o 9 de maio de 2021.

Documentos relacionados

Resumo elaborado por FSIE coas principais novidades desta normativa

RD 926/2020 de 25 de octubre de 2020 (BOE, 25-10-2020)

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 39 anónimos e ningún membro en liña