FSIE 40 años

Publicacion Facebook

Mañá mércores 28 de Outubro ás 12:00 h terá lugar, en rolda de prensa on-line, a presentación oficial da Campaña "Más plurales, más libres, más iguales" que organiza a Plataforma Concertados (FSIE, USO, Escolas Católicas, CECE, CONCAPA e COFAPA) xunto a diferentes organizacións e colectivos.

Ante a deríva que está a tomar a reforma de Ley Orgánica de Educación (LOMLOE), gran diversidade de entidades e colectivos cidadáns de docentes, familias, alumnos e titulares de centros, víronse obrigados a emprender unha campaña informativa e de protesta. A vulneración dos dereitos recoñecidos na Constitución dun gran colectivo cidadán nun momento tan delicado como o que deriva dunha pandemia, lévanos a alzar aínda máis a voz para pedir a protección e a continuidade dun modelo plural e igualitario no que se respectan principios fundamentais como a liberdade de ensinanza.

Non podemos quedarnos impasibles ante unha lei que promove a redución progresiva do modelo de educación concertada e atenta contra a pluralidade do sistema educativo, que é clave nunha sociedade democrática. É unha reforma que permite á administración pública distribuír aos alumnos por centros reducindo significativamente a elección dos seus pais, un dereito avalado pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Invéntase un dereito á educación pública -cando o dereito recoñecido na Constitución é o dereito á educación-; enfróntaa ao modelo de educación concertada, amplamente implantado en Europa, rompendo o equilibrio e a complementariedade de redes que se mantivo ata agora; limita a autonomía dos centros e pon en dúbida a supervivencia dos centros de educación especial, entre outros aspectos.

A campaña comprende unha batería de accións dirixidas a informar verazmente á comunidade educativa do contido da Ley, visibilizar a oposición nos medios de comunicación e promover mobilizacións sociais ante a vulneración dos dereitos recoñecidos na nosa Constitución.

A presentación da campaña correrá a cargo do seu portavoz, Jesús Muñoz de Priego Alvear, coordinador de enLibertad, que informará ós participantes dos obxectivos principais da mesma e as accións que a compoñen entre as que se atopan:

- Recollida de firmas contra a LOMLOE e en defensa dun sistema educativo plural que garanta a liberdade de ensinanza e a convivencia de diferentes proxectos educativos.

- Campaña de concienciación online a través da web de más plurales, más libres, más iguales e os seus perfís nas redes sociais principais.

- Diversas accións de mobilización cidadá concibidas en estrito cumprimento das recomendacións de seguridade e hixiene destinadas a facer fronte á actual pandemia debido á COVID-19.

Desde FSIE animamos a todos os profesionais, alumnado e familias do sector da Ensinanza Concertada, Privada e de Atención a Persoas con discapacidade a sumarse a esta campaña colaborando na súa difusión e participando de maneira activa en cantas accións se promovan desde a plataforma e os centros.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 68 anónimos e ningún membro en liña