FSIE 40 años

Nota de prensa Mas Plurales 28 X 2020 1

Nace a Plataforma Más Plurales, en defensa da pluralidade educativa

A Plataforma Más Plurales presentou hoxe en rolda de prensa a súa campaña contra a Ley Celaá. Como afirmou o seu portavoz, Jesús Muñoz de Priego, "a LOMLOE vulnera dereitos recoñecidos na Constitución, reduce progresivamente o modelo do ensino concertado e atento contra a pluralidade educativa". Ademais, e entre outros aspectos, a Ley Celaá pón en dúbida a supervivencia dos centros de educación especial e relega a relixión a materia de segunda, condenando ao paro ao seu profesorado. Claramente, esta Ley, tramitada sen consenso, rexeita calquera intento de alcanzar un Pacto de Estado pola Educación.

A campaña leva por título "Más plurales, más libres, más iguales. Hacia una escuela realmente inclusiva, con todos y para todos" e está promovida polas entidades adheridas á Plataforma como son as asociacións de pais COFAPA e CONCAPA, os sindicatos FSIE e FEUSO, as patronais Escuelas Católicas, CECE, Fundació Escola Cristiá de Catalunya e as entidades Ven y Verás, EnLibertad, Yo Libre, Reli es Más, FEDMA e Libres para Elegir.

Durante a rolda de prensa, Jesús Muñoz de Priego explicou os motivos polos que as organizacións da Plataforma rexeitan a Ley Celaá, que se está debatendo no Parlamento en plena pandemia do COVID-19, cando non é o momento para debater nada. A comunidade educativa está agora no que tén que estar, que é tentar paliar os efectos negativos desta pandemia a todos os niveis, traballando de xeito conxunto coas Administracións, os centros, o profesorado e as familias para sacar adiante os retos educativos e sociais que expón este delicado momento. Por todo iso, a Plataforma denuncia que se substraeu á comunidade educativa do san e democrático debate que debe acompañar a aprobación de toda lei. A democracia social e participativa deixou de selo de maneira efectiva e plena nestes últimos meses.

No canto de aprazar os debates da Ley a outro momento máis oportuno, o Goberno preferiu aproveitar estes dramáticos momentos para acelerar a súa nova Ley, sen debate e sen consenso, e introducir cambios de gran calado no seu articulado que conducen cara ao dominio sistémico do Estado, dotando ás Administracións de facultades cada vez máis amplas en detrimento das familias como primeiras educadoras dos seus fillos.

De feito, a LOMLOE elimina a demanda social e permite distribuír aos alumnos por centros reducindo significativamente a elección educativa das familias, un dereito avalado pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Invéntase un dereito á educación pública -cando o dereito recoñecido na Constitución é o dereito á educación-; enfróntaa ao modelo de educación concertada, amplamente implantado en Europa, rompendo a complementariedade de redes recollida na Constitución; devalúa o ensino da materia de Relixión na escola aplicando un laicismo impropio e pón en dúbida a supervivencia dos centros de educación especial, entre outros aspectos.

Para a Plataforma Más Plurales, como afirmou Muñoz de Priego, "a LOMLOE é unha ley que acentúa aínda máis o papel intrusivo do Estado na educación do noso país en detrimento das liberdades públicas". O obxectivo fundamental da Ley Celaá, acordada entre o PSOE e Unidas Podemos, consiste en ensanchar o espazo da escola pública todo o que permitan os orzamentos e a aguda crise de natalidade que padecemos en detrimento da liberdade das familias, que queda nun segundo plano. Con esta ley, a ensinanza concertada convértese de feito en subsidiaria da ensinanza pública.

Durante a rolda de prensa, informouse do inicio dunha campaña de recollida de firmas contra a Ley e a favor da convivencia dos diferentes modelos educativos e dos dereitos recoñecidos na nosa Constitución na páxina web www.masplurales.es.

Tamén se informou da posta en marcha dunha serie de accións encamiñadas a informar á comunidade educativa do contido da Ley e promover mobilizacións sociais cumprindo con todas as recomendacións de seguridade e hixiene fronte á COVID19.

Os colectivos afectados por esta ley e representados na Plataforma en cifras:

- Máis de 260.000 profesionais, docentes e non docentes, que ven perigar a continuidade dos seus centros e os seus postos de traballo.

- Preto de 4 millóns de familias ás que se limita o dereito a elixir o tipo de educación que queren ou mellor se adecúa ás necesidades das súas fillas e fillos.

- Os máis de 3 millóns de alumnos que elixen voluntariamente, en centros de titularidade pública e privada, cursar a materia de relixión relegada a un segundo plano na nova ley.

- Máis de 9.300 centros da rede concertada e privada que ven perigar a continuidade dos seus proxectos educativos.

PLATAFORMA MÁS PLURALES

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

www.masplurales.es 

Documentos relacionados

Nota de prensa Más Plurales 28-X-2020

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 102 anónimos e ningún membro en liña