FSIE 40 años

Presentac Campaña Mais Plurais

A Lei Celaá impón un modelo de educación único e limita a liberdade social.

Nace a Plataforma Más Plurales, en defensa da pluralidade educativa

Onte, día 3 de novembro, en rolda de prensa presentouse a plataforma Más Plurales e a campaña Máis plurais, Máis libres, Máis iguais contra a Lei Celaá, en Galicia.

Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas realizou unha breve introdución e a continuación, Pilar Ónega, voceira e representante das asociacións e entidades adheridas á iniciativa, presentou a campaña. Ambas as dúas coincidiron nas súas declaracións co exposto o mércores pasado 28 de outubro na rolda de prensa a nivel nacional polo voceiro da plataforma Jesús Muñoz de Priego: “A LOMLOE vulnera dereitos recoñecidos na Constitución, reduce progresivamente o modelo do ensino concertado e atenta contra a pluralidade educativa”. Ademais, e entre outros aspectos, a Lei Celaá pon en dúbida a supervivencia dos centros de educación especial e relega a relixión a materia de segunda. Claramente, esta lei, tramitada sen consenso, rexeita calquera intento de alcanzar un Pacto de Estado pola Educación.

A campaña leva por título “Máis plurais, máis libres, máis iguais, cara a unha escola realmente inclusiva, con todos e para todos” e adheríronse á Plataforma as asociacións de Pais FAPA Coruña, FAPA Ferrolterra, SURGAPA Pontevedra, FAPA Lugo, FAPA Ourense, os sindicatos FSIE e FEUSO, as patronais Escolas Católicas Galicia e CECE Galicia.

Documentos relacionados

Nota de Prensa de FSIE GALICIA

Vídeo de Presentación Campaña Máis Plurais

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 173 anónimos e ningún membro en liña