FSIE 40 años

Nota de prensa Mas Plurales Quedada Digial 5 XI 1

Cos hashtags #MasPlurales e #StopLeyCelaá, máis de 150.000 tuits dixeron non á Ley Celaá, unha lei educativa partidista que non pode ser aprobada no medio desta pandemia que estamos a padecer e que contén moitos elementos que provocan o rexeitamento da comunidade educativa. A numerosa participación nesta Quedada Dixital mostra ás claras o rotundo e contundente rexeitamento a unha lei que se esqueceu completamente do demandado Pacto de Estado pola Educación.

A Plataforma Más Plurales, da que forman parte sindicatos, asociacións de familias, empresas do sector e diferentes organizacións educativas, agradece a masiva participación de tantas persoas que fixeron posible que estes hashtags fosen Trending Topic no día de hoxe, o que reflicte o rexeitamento que provoca a Ley Celaá e a enorme preocupación social que existe na sociedade ante a maneira en que se está tramitando a lei, a toda velocidade, sen contar coa participación da comunidade educativa e sen buscar en ningún momento o necesario consenso. Ademais, é difícil de entender tantas présas nun contexto como o actual, con todas as familias, os docentes e os colexios traballando para que as clases, nas dramáticas circunstancias actuais, se desenvolvan da mellor maneira posible.

Para a Plataforma Más Plurales, a Ley Celaá contén importantes medidas que lesionan e limitan as liberdades e dereitos das familias e os centros. En concreto, marxina de maneira deliberada a oferta formativa da ensinanza concertada, elimina a demanda social e a opinión das familias sobre a educación dos seus fillos, converte o ensino da Relixión nunha materia decorativa e non contén nin unha soa medida para os traballadores da ensinanza concertada.

O Goberno e os partidos que apoian esta Ley deberían escoitar a toda a comunidade educativa e reflexionar sobre o seu empeño en aprobar con tanta urxencia unha Lei de partido, unha máis, que non conta, como está demostrado, co suficiente consenso e apoio social.

Para os organizadores desta Quedada Dixital, a Ley Celaá adxudica un papel subsidiario á ensinanza concertada con relación á pública condenándoa a unha progresiva desaparición. Tamén impón un único sistema de carácter público, eliminando a pluralidade e a liberdade dos pais de elixir outro tipo de educación para os seus fillos segundo as súas conviccións. Para Más Plurales, o dereito de todos á educación non se garante só con prazas públicas senón con pluralidade de centros e liberdade de elección.

Estamos, pois, ante unha Ley que de maneira premeditada expulsa e exclúe do sistema educativo a millóns de alumnos e de familias, a decenas de milleiros de traballadores e de centros educativos.

Por todo iso, a Plataforma Más Plurales pide a retirada da Ley e que o Ministerio faga o que ata agora non fixo: propicie un debate sereno e construtivo sobre a educación no noso país, potenciando un sistema que defenda as liberdades e aposte pola complementariedade dos modelos educativos, a mellor receita para avanzar na calidade e a pluralidade.

PLATAFORMA MÁS PLURALES
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.masplurales.es

Documentos relacionados

Nota de prensa Más Plurales Quedada Dixital 5-11-2020

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 227 anónimos e ningún membro en liña