FSIE 40 años

WhatsApp Image 2020 11 10 at 12.21.49 1

A Plataforma Más Plurales reuniu máis dun millón de firmas contra a LOMLOE, e subindo

Respectando as medidas de seguridade e de participación impostas pola COVID-19, representantes da Plataforma Más Plurales, acompañados do máximo de participantes permitidos por Delegación do Goberno debido á crise sanitaria, volveron a concentrarse fronte ao Congreso dos Deputados, esta vez co respaldo dos máis dun millón de firmas xa conseguidas, para volver pedir a retirada da Ley Celaá; unha lei que se está tramitando de maneira exprés no Parlamento ás costas da comunidade educativa e que contén medidas que supoñen unha restrición das liberdades públicas e un control absoluto do Estado sobre a educación e a elección das familias.

A Plataforma Más Plurales, da que forman parte sindicatos, asociacións de familias, empresas do sector e diferentes organizacións educativas, conseguiu xa máis dun millón de firmas na súa campaña contra a Ley Celaá, á que acusan de ir contra os modelos educativos vixentes e que supón un flagrante ataque contra as liberdades democráticas que recoñece a nosa Constitución. De feito, esta lei marxina a liberdade de elección das familias, suprime a demanda social, converte a materia de Relixión (elixida de maneira voluntaria e democrática por millóns de familias) nunha materia marxinal, expulsa ao Ensino Diferenciado do dereito ao concerto educativo (recoñecido por sentenzas recentes) e, en definitiva, converte ao ensino público no único referente educativo, xa que o ensinanza concertada pasa a ser subsidiaria.

As máis de 1.180.000 firmas recollidas en tan breve espazo de tempo (a campaña comezou o 28 de outubro) confirman o que a Plataforma Más Plurales xa advertira con contundencia: que a Ley Celaá non é unha lei de consenso e que os seus obxectivos non son educativos senón ideolóxicos. Ademais, estamos a ver como os contidos da Ley de Educación están a converterse en moeda de cambio das negociacións políticas.

Esta lei tamén está a provocar un importante rexeitamento social na sociedade polas formas en que se está tramitando no Parlamento, pois non é de recibo que se estea facendo no medio destas circunstancias actuais por culpa da pandemia, coas familias, os docentes e os colexios traballando para que as clases se desenvolvan da mellor maneira posible. Ademais, os dous partidos no Goberno, PSOE e Unidas Podemos, rexeitaron por primeira vez que a comunidade educativa poida participar nos debates desta Lei. Claramente, o último que desexan estes partidos é un Pacto de Estado Social e Político pola Educación, que a sociedade demanda constantemente.


PLATAFORMA MÁS PLURALES
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.masplurales.es

Documentos relacionados

Nota de prensa Más Plurales 10-11-2020

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 130 anónimos e ningún membro en liña