FSIE 40 años

Mas Plurales Registro Congreso

Representantes da Plataforma Más Plurales, da que forman parte sindicatos, asociacións de familias, empresas do sector e diferentes organizacións educativas, rexistraron esta mañá escritos dirixidos á Presidenta do Congreso e aos Grupos Parlamentarios solicitando a paralización da LOMLOE. Os apoios recibidos nas últimas semanas constatan a enorme preocupación e rexeitamento que o Proxecto de Ley Orgánica de Mejora de la Ley Orgánica de Educación xera nunha parte importante da sociedade.

Como se veu denunciando desde as organizacións integrantes da Plataforma, estamos ante un Proxecto de Lei fortemente intervencionista que promove a restrición de dereitos e liberdades cidadás e atenta contra a pluralidade do noso sistema educativo, elemento sen dúbida clave nunha sociedade democrática.

A pluralidade educativa e a liberdade de elección das familias do tipo de centro que consideren máis adecuado para a educación e formación dos seus fillos conforme ás súas conviccións, deben ser aspectos fundamentais na organización e planificación do sistema educativo e ambas as cuestións se ven seriamente ameazadas pola LOMLOE.

En Más Plurales estamos firmemente convencidos de que no sistema educativo todos somos necesarios para contribuír á formación dos nosos alumnos e, desde a convivencia e o respecto á pluralidade e liberdade, avanzar na mellora da nosa sociedade civil.

Por todo iso, e avalados polo máis de millón e medio de firmas de cidadáns que defendemos a convivencia harmónica das redes pública, concertada e privada, solicitamos que non se acepten no trámite parlamentario os textos e emendas que ocasionan un grave prexuízo a unha importante parte da sociedade que elixe libremente, promove e traballa en centros de ensino concertado e de educación especial.

A Plataforma Más Plurales volverá pedir a retirada desta Lei fronte ao Congreso dos Deputados este Xoves 19 de Novembro, coincidindo coa votación no Pleno do ditame elaborado pola Comisión de Educación.  Ademais, como parte das accións da campaña "Más Libres, Más plurales, Máis Iguales", o vindeiro domingo 22 celebraranse en Madrid e numerosas cidades de todo o territorio nacional manifestacións con vehículos en defensa da liberdade de ensino e contra a Ley Celaá.

Documentos relacionados

Nota de Prensa_Más Plurales solicita la paralización de la Ley Celaá

 

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 235 anónimos e ningún membro en liña