FSIE 40 años

Mani 19N

A pesar de que o Pleno do Congreso aprobase o ditame elaborado pola Comisión de Educación, o sector non se vai render e continuará favorecendo que unha gran parte da sociedade exprese o seu rexeitamento a unha lei fortemente intervencionista que promove a restrición de dereitos e liberdades cidadás e atenta contra a pluralidade do noso sistema educativo, elemento sen dúbida clave nunha sociedade democrática.

Así, o vindeiro domingo 22 de novembro celebraranse en numerosas cidades de todo o territorio nacional, manifestacións con vehículos en defensa da liberdade de ensino e contra a Ley Celaá.

Os apoios recibidos nas últimas semanas constatan a enorme preocupación e rexeitamento que o Proxecto de Ley Orgánica de Mejora de la Ley Orgánica de Educación xera nunha parte importante da sociedade. Así o demostra o máis de millón e medio de firmas de cidadáns que defenden a convivencia harmónica das redes pública, concertada e privada.

A pesar das graves dificultades coas que se desenvolveu a campaña desde os seus inicios, cunhas tramitacións complexas das súas expresións públicas, como as primeiras concentracións fronte ao Congreso ou os atrasos e mesmo negativas a celebrar as manifestacións de vehículos nalgunhas cidades; con ataques informáticos á web de recollida de firmas; e con intentos varios de desprestixio e de politización dunha iniciativa absolutamente social, a campaña segue adiante grazas ao enorme apoio colectivo que se está recibindo.

Tras a votación favorable realizada onte no Congreso o texto pasará a mans da Cámara alta onde terá que referendarse na súa totalidade, proceso que pode alargarse ata o próximo mes de febreiro. Desde a Plataforma Más Plurales, e FSIE en concreto, queremos agradecer todo o apoio recibido ata agora nesta campaña tan importante para o futuro do sector. As mobilizacións continúan este próximo domingo 22 de novembro con caravanas de coches en Madrid e en numerosas cidades por todo o territorio nacional. Estas manifestacións non teñen limitación algunha de aforamento polo que vos animamos a participar, de forma masiva, para colapsar as cidades coa nosa Marea Laranxa e visibilizar así a oposición e o gran rexeitamento que xera esta ley no sector educativo e na sociedade en xeral. Podedes consultar toda a información das concentracións na web de Más Plurales.

Tras a gran mobilización deste domingo, continuaremos solicitando apoios e esixindo que se paralice a tramitación da LOMLOE. Desde a Plataforma irémosvos informando puntualmente das próximas accións a realizar durante os meses que nos quedan por diante. A campaña de firmas seguirá aberta durante todo o proceso de aprobación da Ley. Mentres tanto, este domingo, enchamos as rúas. Únete á Marea Laranxa! Esperámosvos!

Documentos relacionados

Nota de Prensa_ Concentración 19 de Noviembre
Manifiesto Concentración 19 de Noviembre

 

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 69 anónimos e ningún membro en liña