FSIE 40 años

Quedada Digital 10 diciembre

Tras as catro concentracións fronte ao Congreso dos Deputados e as multitudinarias manifestacións en coche que se celebraron en 50 cidades españolas o pasado 22 de novembro, os cidadáns volveron a mostrar o seu contundente rexeitamento á Ley Celaá nunha Quedada Dixital en twitter co hashtag #MasLibres. A convocatoria da Plataforma Más Plurales, que aglutina a diferentes colectivos de cidadáns vinculados coa educación, criticou en twitter a falta de espírito de diálogo e de consenso do Ministerio de Educación y Formación Profesional, que rexeitou todas as peticións que se lle presentaron para sentar a negociar unha lei partidista que se está tramitando de maneira vertixinosa no Congreso e no Senado e que está a provocar unha importante fractura educativa.

Durante máis de dúas horas os hashtag propostos pola Plataforma Más Plurales ocuparon os catro primeiros trending topics España. Os participantes manifestaron, con argumentos, o rexeitamento a unha Lei que se está tramitando dunha maneira exprés, sen deixar que a comunidade educativa poida manifestar a súa opinión, como así sucedeu ata agora con todas as leis educativas. Cun manifesto desprezo á comunidade educativa, a Ley Celaá avanza na súa atropelada tramitación, afastando á sociedade española cada vez máis do Pacto de Estado pola Educación que tanto se demanda.

Para a Plataforma Más Plurales, a sociedade española está a dicir ben alto á Ministra que non queren a súa lei, que as cousas non se poden facer de maneira tan chafalleira, que non é o momento "en plena pandemia- para aprobar a unha velocidade de vertixe unha lei deste calado e que a Ley Celaá non aborda os problemas reais da educación española, como son o fracaso escolar e a igualdade de oportunidades. Ao contrario, o suposto "Comité de Expertos" do Ministerio de Educación concluíu que os "problemas" máis perentorios son a educación concertada, a Educación Especial e a materia de Relixión. Tras esta nova Lei, o único que se aprecia é un interese ideolóxico por eliminar a pluralidade e a liberdade da educación co fin de impor un modelo único e totalitario. Para Más Plurales, o dereito de todos á educación non se garante só con prazas públicas senón con pluralidade de centros e liberdade de elección.

Como afirma a Plataforma Más Plurales, a Ley Celaá contén importantes medidas que lesionan e limitan as liberdades e dereitos das familias e os centros. En concreto, marxina de maneira deliberada a oferta formativa da ensinanza concertada, elimina a demanda social e a opinión das familias sobre a educación dos seus fillos, converte a ensinanza da Relixión nunha materia decorativa e non contén nin unha soa medida para mellorar a situación laboral os traballadores da ensinanza concertada.

Como repetiu en sucesivas ocasións esta Plataforma, a Ley Celaá, de maneira deliberada, expulsa e exclúe do sistema educativo a millóns de alumnos e de familias, a decenas de miles de traballadores e a miles de centros educativos. Todo o contrario ao que necesita a educación española.

Para seguir protestando por unha Lei que consideran imposta e aprobada sen o suficiente debate, a Plataforma Más Plurales anuncia novas mobilizacións: o próximo 16 de decembro concentrarase en Madrid fronte ao Senado e o día 20 de decembro hai anunciadas manifestacións en vehículos na case totalidade das cidades españolas. En beneficio de toda a educación española, que necesita liberdade e pluralidade, Más Plurales, como fixo hoxe de maneira masiva en twitter, volve pedir a retirada da Lei e que o Ministerio de Educación se abra á senda do diálogo e do consenso, da que se esqueceu de maneira premeditada durante a vertixinosa tramitación dunha Lei que cambia de maneira radical as regras do xogo educativo e democrático que veñen existindo nas últimas décadas.

Documentos relacionados

Nota de Prensa

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 91 anónimos e ningún membro en liña