FSIE 40 años

Manifestacion 20D

A Plataforma Más Plurales fai un chamamento a todos os cidadáns para que defendan as súas liberdades e dereitos no ensino e a pluralidade educativa participando esta semana nas accións de protesta que se prepararon.

Mércores 16 de decembro ás 12h. Concentración ante o Senado.

Farase entrega á Presidenta do Senado e a todos os partidos políticos representados na Cámara Alta, dun escrito da Plataforma xunto co Manifesto da campaña que recibiu, ata hoxe, o apoio de case 2.000.000 de firmas.

Haberá tamén concentracións en moitas cidades ante as sedes das Delegacións ou Subdelegacións do Goberno.

Domingo 20 de decembro. Manifestacións de coches de 11h a 13h.

A Plataforma volverá ocupar as rúas de capitais de provincias e cidades de todo o Estado en manifestacións de coches.

Más Plurales chama á participación masiva e cívica para demostrar o noso rexeitamento á Ley Celaá. Animamos a participar a todos os cidadáns que defenden a liberdade e a pluralidade na sociedade e no sistema educativo.

O Goberno e os partidos que o sustentan vetaron, de novo, a participación da sociedade civil no trámite da LOMLOE no Senado tentando silenciar a unha parte moi importante e numerosa da sociedade. Parece que tampouco van aceptar ningunha emenda podendo aprobarse a Ley, nun tempo marca, o próximo día 23 de decembro. Nunca unha Ley Orgánica de Educación se aprobou cunha tramitación tan atropelada que pon de manifesto un preocupante déficit democrático de quen a impulsa e apoia.

Tampouco o Presidente do Goberno se molestou sequera en contestar a solicitude de reunión realizada pola Plataforma o pasado 30 de novembro, rexeitando e desprezando o encontro con organizacións que representan a millóns de cidadáns. O Diálogo, a negociación e consenso, foron substituídos pola imposición, a exclusión e a inexistencia dun debate democrático e participativo coa sociedade civil.

Finalmente, Más Plurales anuncia que, aínda que resulte aprobada a LOMLOE, seguirá con accións en todos os ámbitos políticos e xurídicos necesarios para minimizar no posible os prexuízos que esta Lei ocasiona e que vimos denunciando desde hai tempo.

Documentos relacionados

Nota de Prensa

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 50 anónimos e ningún membro en liña