FSIE 40 años

IMG 20201220 105726

A Ley Celaá non tivo en ningún momento a intención de abordar os problemas reais da educación española. Os seus únicos obxectivos foron partidistas e ideolóxicos. Por iso, a LOMLOE será tan só a oitava lei de educación, unha máis, outra lei efémera que non conta co respaldo dunha gran parte da sociedade española, como quedou demostrado nas numerosas protestas das últimas semanas, coa recollida masiva de firmas e nas históricas manifestacións con coches celebradas o 22N e o 20 de decembro, onde case dous millóns de cidadáns esixiron á ministra a retirada da que é xa, a peor lei educativa da democracia.

De maneira deliberada e desprezando a gran parte da comunidade educativa, a Ley Celaá non buscou en ningún momento o diálogo e o consenso. Ao contrario, o Ministerio de Educación fixo todo o posible para que a Lei se aprobase sen abrir ningunha canle de negociación e impedindo calquera posibilidade de acordo. En repetidas ocasións, a Plataforma Más Plurales reclamou que retirasen esta lei, pois estamos inmersos nunha crise sanitaria gravísima que fai moi difícil a necesaria participación da sociedade e a comunidade educativa, á vez que pretenden introducir profundos cambios no sistema aproveitando que os centros, o profesorado e as familias están empeñados en facer un esforzo heroico por sacar adiante o curso escolar. A tramitación da LOMLOE é un atropelo ás liberdades e dereitos dos cidadáns. Nin era o momento nin se respectaron as formas nun proceso que adoeceu en todo momento dun profundo déficit democrático.

A Ley Celaá rompe todos os equilibrios edificados desde o artigo 27 da nosa Constitución ao restrinxir o dereito á educación de todos á oferta de prazas públicas e reducindo o papel das prazas gratuítas na ensinoanza concertada a un papel subsidiario e meramente auxiliar. A Lei rexeita a demanda social e estrangula a facultade de elección das familias á hora de elixir centro educativo para os seus fillos. Introducindo ademais o mandato da promoción exclusiva e excluínte de novas prazas na escola pública, a Plataforma Más Plurales denuncia o acoso e derriba nada disimulada que a LOMLOE supón para a ensinanza concertada. Por todo iso, se pon en perigo o futuro laboral de moitos miles de traballadores e profesionais da ensinanza concertada.

A difícil situación na que quedan os centros específicos de educación especial na Ley Celaá crea para eles un novo e negro horizonte que cuestiona o súa mesma existencia e o recoñecido papel que desenvolven actualmente, contando coa participación e satisfacción das familias pola excelente atención que reciben os seus fillos. Do mesmo xeito, a LOMLOE supón unha gravísima agresión para o profesorado de Relixión dos centros públicos, ao devaluar esta materia a un rol meramente formal e decorativo, sen ningún valor académico e moi posiblemente nun lugar marxinal do horario escolar.

Desde a Plataforma Más Plurales instamos ós grupos políticos contrarios a esta Ley Celaá a que interpoñan recursos de inconstitucionalidade, presionaremos en todas as Comunidades Autónomas para que se reduzan ao máximo os futuros efectos prexudiciais da aplicación desta innecesaria e inxusta Lei. Tamén denunciaremos a deriva totalitaria e partidista da LOMLOE ante as institucións europeas.

Por último, a Ley Celaá sepultou a posibilidade de atopar algunha vía de entendemento para alcanzar o Pacto de Estado pola Educación que os cidadáns e toda a sociedade demandaron insistentemente aos partidos políticos e á comunidade educativa.

Documentos relacionados

Nota de Prensa

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 103 anónimos e ningún membro en liña