FSIE 40 años

Aula Ventanas abiertas

O Sindicato solicita ao Goberno e Comunidades Autónomas a vacinación de todos os traballadores de centros educativos e de atención a persoas con discapacidade.

Hai un ano que se empezou a falar da COVID-19 e lamentablemente atopámonos nunha situación moi similar. A descoordinación e mesmo enfrontamento entre o Goberno e Comunidades Autónomas e a disparidade de criterios a aplicar polas administracións públicas ante situacións iguais ou similares seguen sendo un dos problemas máis serios para facer fronte á pandemia e que preocupan gravemente á sociedade.

A falta de previsión lévanos a situacións como a actual na que, como xa se sabía polo menos desde agosto de 2020, os centros educativos e asistenciais deben ser ventilados reiteradamente con temperaturas xélidas propias do rigor do inverno. O Goberno non tomou ningunha decisión ou iniciativa para paliar ou mellorar esta situación previsible e é evidente que as condicións das aulas e edificios non son as adecuadas e non permiten un razoable confort climático.

Ademais, as medicións da calidade do aire que se están realizando nas aulas, tamén pon de manifesto que, en condicións absolutamente normais, supérase con fartura o nivel de CO2 existente, sendo imprescindible ventilar as aulas.

É evidente que os centros educativos e de atención a persoas con discapacidade non reúnen as condicións nin dispoñen de instalacións adecuadas para garantir unha calidade de aire mínima para o alumnado, usuarios e traballadores, con independencia da climatoloxía existente.

FSIE require ao Goberno de España en coordinación coas Comunidades Autónomas, a elaboración, aprobación e financiamento dun Plan Nacional de Adecuación Climática de todos os centros co obxecto de garantir, en calquera circunstancia, os niveis de calidade do aire esixibles nos edificios e o confort climático necesario para desenvolver adecuadamente a actividade nestes centros.

Finalmente, FSIE tamén solicita ao Goberno e Comunidades Autónomas que, unha vez vacinados todos os traballadores do sistema sanitario, os traballadores e residentes dos centros de maiores e sociosanitarios e as persoas vulnerables, se determíne expresamente que os traballadores de centros educativos e de atención a persoas con discapacidade sexan colectivo prioritario no proceso de vacinación no conxunto do Estado evitando diferenzas territoriais neste proceso.

Documentos relacionados

Nota de Prensa_FSIE solicita un Plan Estatal para climatización

Carta al Presidente del Gobierno 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 53 anónimos e ningún membro en liña