FSIE 40 años

Cartel A3 Dia Internacional Educa 24 01 2021 GallegoA Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza súmase á celebración da terceira edición do Día Internacional da Educación, conmemoración promovida pola Asemblea Xeral das Naciones Unidas, cuxos eventos a nivel internacional están convocados para o vindeiro luns 25 de Xaneiro.

Coa campaña "Obxectivo 2021: Recuperar e revitalizar a educación para a xeración COVID-19" FSIE adhírese ao tema elixido pola UNESCO integrando así o lema e obxectivos fixados polo organismo para esta edición. Este día conmemorativo ten lugar en plena aceleración da pandemia mundial por coronavirus que provocou unha crise educativa sen precedentes en canto á súa escala e severidade. Estímase que o peche das escolas, debido á expansión da COVID-19, afectou a 1.600 millóns de nenos e nenas en máis de 190 países dos cales se calcula que, a pesar dos esforzos realizados polas institucións, a comunidade educativa e as familias, ao redor dun terzo non puideron ter acceso en ningún momento ao ensino online.

Como afirma a UNESCO no seu comunicado oficial, a pandemia foi unha chamada de atención sobre a necesidade de transformar os sistemas educativos facéndoos máis resistentes ás crises, máis inclusivos e flexibles e máis sustentables. É por tanto, inciden, o momento de reforzar a educación incrementando a colaboración e a solidariedade internacionais co obxectivo de colocar ao ensino e a aprendizaxe ao longo de toda a vida no centro da recuperación.

Desde FSIE queremos aproveitar a oportunidade para facer, unha vez máis, un chamamento aos axentes sociais e políticos para que se involucren de maneira urxente na tan necesaria transformación do sistema educativo para que ningún neno ou nena quede atrás. Na liña que propón a UNESCO esta transformación debe virar ao redor de tres eixos fundamentais: docentes, innovación e financiamento. Para iso, FSIE insta as administracións a aumentar de maneira significativa o investimento en educación a fin de asegurar a provisión de todos os recursos económicos e humanos posibles para que as nosas nenas e nenos teñan garantido o acceso universal a unha educación de calidade, inclusiva e equitativa.

Ademais, FSIE quere lembrar á sociedade no seu conxunto que para poder ter ese sistema educativo de calidade que todos desexamos e necesitamos non se pode descoidar baixo ningún concepto o alicerce fundamental que o sostén, os profesores.

Por todo iso, desde FSIE reafirmamos o noso compromiso de seguir traballando, desde o noso ámbito de actuación, para garantir unhas condicións laborais e salariais dignas e xustas aos profesionais da ensinanza concertada, privada e de atención a persoas con discapacidade, e para conseguir que a educación se converta en motor indiscutible da xustiza social, paz e desenvolvemento necesarios para proporcionar aos nosos nenos e nenas un futuro prometedor.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 107 anónimos e ningún membro en liña