FSIE 40 años

Vacinac Covid 19 Colect C EscolaresFSIE solicitou reiteradamente que os traballadores de centros educativos e atención á discapacidade fosen considerados colectivo prioritario na campaña de vacinación contra a Covid-19.

Finalmente, Goberno e Comunidades Autónomas incorporaron ao plan estratéxico de vacinación un novo grupo 6 que inclúe:

Grupo 6. Colectivos en activo cunha función esencial para a sociedade

6A. Forzas e Corpos de Seguridade, Emerxencias e Forzas Armadas. Inclúe Garda Civil, Policía Nacional, Autonómica e Local, Bombeiros, técnicos das Forzas e Corpos de Seguridade, profesionais de Protección civil, Emerxencias e Forzas Armadas.

6B. Docentes e persoal de educación infantil e necesidades educativas especiais, incluíndo tanto docentes como outros profesionais que atenden ao alumnado.

6C. Docentes e persoal de educación primaria e secundaria.
Neste grupo só está prevista a utilización da vacina AstraZeneca recomendada para persoas entre os 18 e os 55 anos.

FSIE considera que esta medida NON é suficiente  e segue reclamando:

Que se garanta a vacinación prioritaria do persoal docente e non docente maior de 55 anos coas vacinas recomendadas para o seu rango de idade.

A vacinación simultánea de todos os traballadores dun mesmo centro (docentes e non docentes) desde a Educación Infantil ata a Universidade, Colexios Maiores e  Centros de atención a persoas con discapacidade.

Que os calendarios de vacinación de cada administración sexan públicos.

Incrementar o ritmo de vacinación incorporando á campaña ao máximo número de profesionais sanitarios capacitado para fornecer as doses tanto do sector público como privado.

Que se habiliten espazos públicos e privados que faciliten a vacinación masiva para alcanzar canto antes o 70% de persoas vacinadas.

Documentos relacionados
Boletín 130_Plan de Vacunación

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 35 anónimos e ningún membro en liña