FSIE 40 años

SIdefensa concertada privada galTras finalizar o trámite parlamentario da LOMCE no Congreso que empeorou algunhas cuestións importantes para os docentes e non docentes de centros concertados, e ante a conxelación salarial para 2014 e a consolidación dos duros recortes que veñen padecendo os profesionais e o sector, FSIE convoca a todos os traballadores do ensino concertado a unha xornada de folga o próximo día 24 de outubro.
 
O obxectivo da folga é conseguir que o Senado introduza emendas que melloren substancialmente o texto actual e retire os aspectos que prexudican aos profesionais do sector do ensino concertado.


O día 24 de outubro outras organizacións convocaron tamén unha xornada de folga pero con motivos ben distintos aos de FSIE. É absolutamente falso que a LOMCE sexa unha lei que favorece ao ensino concertado e privado e moito menos aos seus profesionais, docentes e non docentes.
 
Somos conscientes do esforzo que pedimos nestes momentos ao traballadores pero a nosa última oportunidade está en conseguir que se modifique o texto no Senado.
 
Entregamos desde hai un ano, varias propostas escritas ao Ministerio que non obtiveron resposta. Presentamos emendas no Consello Escolar do Estado que foron aprobadas pero que o Ministerio decidiu non incorporar á Lei. Comparecemos no Congreso dos Deputados para, entre outras cuestións, explicar que esta lei vai ocasionar a redución de horario e salario de profesores, o peche de unidades e o despedimento de profesores. Tampouco ninguén respondeu á nosa solicitude de establecer medidas que palien esta situación.
 
Chegados a este punto, esgotadas as vías de diálogo, FSIE considera:

  • Que se segue tratando ao ensino concertado como subsidiaria da pública.
  • Que non se incorpora ningunha mellora para os profesionais do ensino concertado. Segue perpetuándose a discriminación introducida por LOE ao contemplar só medidas para os funcionarios públicos e non para os docentes de concertada.
  • Que se modificou o art. 117 referido aos salarios do persoal docente de niveis concertados e PAS dando a posibilidade ás empresas de modificalos substancialmente se acreditan razóns económicas, organizativas, técnicas ou de produtividade.
  • Suprimiuse que o Consello Escolar do centro teña que pronunciarse nos despedimentos de profesores. Tamén se reducen outras funcións ao Consello Escolar do centro.
  • Os concertos non se renovan automaticamente, nin se posibilita a concertación do bacharelato que segue sendo gratuíto no ensino público.
  • FSIE advertiu de que a aplicación da LOMCE, complexa e difícil, levará a redución de horarios e salarios ao modificarse as materias e os seus horarios e a nova estrutura provocará o peche de unidades e os seus correspondentes despedimentos. Solicitamos solucións e non se nos dan.
  • Que o Ministerio non convocou a mesa sectorial do ensino concertado en 18 meses. Tampouco a comisión de análise do módulo do concerto a pesar de ter encima da mesa numerosas peticións. Non quere que se saiba o custo real do posto escolar.
  • O Ministerio iniciou conversacións sobre o Estatuto Docente só cos sindicatos do ensino público excluíndo ao resto do profesorado.
  • Recoñécese na Lei ao profesorado e ao equipo directivo como "autoridade pública docente", e non cremos que inclúa a quen non somos funcionarios públicos.
  • Os Orzamentos Xerais do Estado consolidan os duros recortes salariais que sufrimos e conxélanse os nosos salarios volvendo perder poder adquisitivo.
  • Están a pecharse numerosas aulas e o profesorado está a ser despedido como consecuencia do incremento do número de alumnos por aula cando precisamente a natalidade está a caer ano tras ano de forma preocupante.
  • Os centros,  no marco da súa autonomía, poderán incrementar o calendario escolar e o horario lectivo de materias conforme ás disposicións que diten as administracións educativas. Se unha administración autoriza que haxa máis días escolares ou máis horario lectivo, ¿autorizará a contratación de máis profesorado ou esta carga adicional recaerá sobre os que xa estean no centro?


É a nosa última oportunidade de conseguir modificar unha Lei que pode facernos moito dano no futuro. Por iso pedimos o esforzo de participar neste día de folga e mostrar o noso rexeitamento á falta de diálogo e negociación e ás cuestións que nos prexudican directamente como profesionais.


FOLGA XERAL NO ENSINO CONCERTADO
PARTICIPA POLO NOSO FUTURO
PODEMOS PERDER MOITO

 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 160 anónimos e ningún membro en liña