SenadoFSIE presentou no Senado as súas emendas ante o proxecto da LOMCE coa intención de que sexan consideradas polo Grupo Popular e este presente as oportunas emendas que mellores o texto do actual proxecto da LOMCE.
 
FSIE desde xullo de 2012 vén presentando diversa documentación, suxestións, emendas... tanto ó Ministerio de Educación, Cultura e Deporte como ós partidos políticos sobre o Proxecto de Lei Orgánica para a mellora da Calidade Educativa.


 
Non obtivemos ningunha resposta do Ministerio, xa que non convocou nin unha soa reunión da Mesa do Ensino Concertado; si tivemos diversas reunións con diferentes partidos políticos e, de forma especial co partido popular.
 
FSIE solicita, ó presentar estas emendas ó proxecto da LOMCE, que durante o trámite no Senado se realicen as modificacións que permitan que esta lei non prexudique ó ensino concertado e, especialmente, ós seus profesionais.

 

 

DESCARGA as emendas presentadas por FSIE