FSIE 40 años

FSIE ESIXE QUE SE APLIQUE Á CONCERTADA A MESMA SUBIDA SALARIAL QUE AOS FUNCIONARIOS

Mesa Sectorial Concertada

FSIE esixirá ao Goberno que aplique aos profesionais da ensinanza concertada a mesma subida salarial que aos funcionarios tras a comparecencia do Presidente do Goberno no pleno do senado desta mañá. Durante a mesma, Pedro Sánchez anunciou a aprobación no próximo Consello de Ministros dunha subida salarial fixa aos funcionarios para 2019 do 2,25%, á que podería sumarse outra parte variable (0,25%) ligada á evolución do PIB e outro 0,25% procedente de fondos adicionais.

FSIE PIDE NO COMEZO DE CURSO QUE SE TRABALLE PARA ACADAR O PACTO EDUCATIVO E SE ACABE COAS POLÍTICAS EN CONTRA DO ENSINO CONCERTADO

Captura de pantalla 2017 08 28 a las 14.04.15Aproveitando o inicio do curso 2017-2018 este 1 de setembro, FSIE quere incidir en que se presenta unha nova oportunidade e un novo reto especialmente importante para o futuro da nosa sociedade e o noso país e insta a todas as forzas políticas, ás administracións públicas competentes e a todos os membros da comunidade educativa a realizar un necesario esforzo para atopar e reforzar todos os aspectos que nos unen e que leve a que os traballos iniciados no Congreso dos Deputados para acadar o Pacto Social e Político pola Educación dean o seu froito e se logre así un cordo do que naza un sistema educativo no que todos teñamos o noso sitio.

 Banner Decalogo2

Temos 241 anónimos e ningún membro en liña