FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 08 28 a las 14.04.15Aproveitando o inicio do curso 2017-2018 este 1 de setembro, FSIE quere incidir en que se presenta unha nova oportunidade e un novo reto especialmente importante para o futuro da nosa sociedade e o noso país e insta a todas as forzas políticas, ás administracións públicas competentes e a todos os membros da comunidade educativa a realizar un necesario esforzo para atopar e reforzar todos os aspectos que nos unen e que leve a que os traballos iniciados no Congreso dos Deputados para acadar o Pacto Social e Político pola Educación dean o seu froito e se logre así un cordo do que naza un sistema educativo no que todos teñamos o noso sitio.



FSIE, que xa compareceu no seu momento perante a Subcomisión de Educación na Cámara Baixa, quere recalcar que, como dixo entón, hai un alicerce fundamental sobre o que debe construírse o Pacto e ese non é outro que o artigo 27 da Constitución, que salvagarda a libre elección das familias da educación que desexen para os seus fillos. Apoiada neste principio, FSIE solicita que cesen determinadas políticas educativas que nalgunhas comunidades autónomas se aplicaron de forma agresiva contra o ensino concertado, xa que este non é o camiño cara a un Pacto que inclúa a todos e que respecte a liberdade de ensino. Por iso, a organización pide apostar por políticas de diálogo e negociación que busquen sumar e non restar, mellorar e non confrontar.

FSIE considera que de non se acadar o Pacto no marco político, social e territorial o sistema educativo seguirá sen mellorar e mesmo se incrementará a súa deterioración. Cuestións como que lei se seguirá aplicando ou quen decidirá o que hai que cambiar e canto durarán eses cambios son hoxe unha preocupación real, e se non hai Pacto ou un Acordo cun alto grao de consenso, o sistema educativo estará hipotecado durante moitos anos á política e intereses partidistas, incrementarase a xudicialización da educación, utilizarase o falso debate pública-concertada para sacar rédito electoral e seguirase ninguneando aos profesionais da educación sen dignificar, nin regular, nin recoñecer unha profesión tan importante como a docencia. Para FSIE, os políticos deben traballar por mellorar a situación do profesorado, por que reciban unha formación inicial adecuada e unha formación continua que lles permita lograr unha preparación acorde coas esixencias da nova sociedade, e, sobre todo, por dar aos profesionais o protagonismo que se merecen como alicerce fundamental do sistema, sen cuxo papel non se sostén.

Por iso, FSIE reitera novamente a súa disposición a dialogar con todos os partidos políticos e coas distintas administracións para xuntos afrontar este reto de enorme transcendencia e importancia para os nosos alumnos de hoxe e os nosos cidadáns do mañá. Sen dúbida, unha tarefa na que todos temos que implicarnos, sen escatimar esforzos e sen deixar pasar máis tempo.

 

 

Temos 29 anónimos e ningún membro en liña