FSIE 40 años

Mesa Sectorial Concertada

FSIE esixirá ao Goberno que aplique aos profesionais da ensinanza concertada a mesma subida salarial que aos funcionarios tras a comparecencia do Presidente do Goberno no pleno do senado desta mañá. Durante a mesma, Pedro Sánchez anunciou a aprobación no próximo Consello de Ministros dunha subida salarial fixa aos funcionarios para 2019 do 2,25%, á que podería sumarse outra parte variable (0,25%) ligada á evolución do PIB e outro 0,25% procedente de fondos adicionais.

No último ano FSIE rexistrou numerosas peticións no Ministerio de Hacienda y Función pública, así como no Ministerio de Educación y Formación Profesional, esixindo a aplicación ao persoal docente de centros concertados dos mesmos incrementos salariais que se pactaron para os funcionarios.

Desde a organización sindical instamos en numerosas ocasións ao MEyFP a iniciar as negociacións necesarias para alcanzar un Acordo que garanta ditas subidas ata 2020 co fin de corrixir as desigualdades existentes e conseguir gradualmente a equiparación salarial entre ambos os sectores, compromiso reflectido no artigo 117 da LOE e que se veu incumprindo sistematicamente desde a súa entrada en vigor.

En consecuencia levaremos esta petición á reunión da Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada que terá lugar mañá, na que tamén reclamaremos o incremento dos módulos dos concertos educativos nun 2,25% en todas as súas partidas, como prometeu o Ministerio o pasado mes de outubro na sesión constitutiva da devandita mesa.

Documentos relacionados

Nota de Prensa 18 de decembro

 Banner Decalogo2

Temos 65 anónimos e ningún membro en liña